Sectores

Lei 20/2021 Concurso Oposición. Baremación provisional fase Concurso

Hoxe publícanse en DOG as seguintes resolucións que conteñen as baremacións provisionais da fase de concurso, dos procesos selectivos extraordinarios derivados da Lei 20/2021:

Escala facultativos subgrupo A1
Especialidade medicina  
Corpo facultativo de grao medio, subgrupo A2
Escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría  
Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais
Especialidade de arquivos e bibliotecas  
Escala auxiliar de laboratorio
Agrupación Profesional
Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais especialidade de persoal de recursos naturais e forestais        

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 07/11/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
  • A forma documental de acreditar os méritos é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.
  • No enlace anterior tedes un modelo de certificación de servizos prestados que se axusta ao contido da alínea c) do anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023.