Sectores

Xuntanza Vicesecretaría Medio Rural: Acordo condicións de traballo Persoal Funcionario SPIF

O día 29 de outubro a representación sindical maioritaria no ámbito do SPIF mantivo unha xuntanza coa Vicesecretaria Xeral para trasladarlle e solicitarlle as seguintes cuestións:

Cando se cobrará a primeira nómina de domingos es festivos traballados?

No mes de Novembro: En primeiro lugar certificáronse os meses de Xullo, Agosto e Setembro no mes de Outubro, no que tamén se certificaron os meses de Maio e Xuño. O pago da primeira nómina coincidirá coa da nocturnidade do mes de Novembro. A partir dese mes, certificarase igual cas noites, é dicir, Outubro-Novembro-Decembro no mes de Xaneiro para cobrar no mes de Febreiro de 2025, e así sucesivamente.

Cobrarán os domingos e festivos traballados o persoal de segunda actividade? Si, o persoal que estea en 2ª actividade cobrará os domingos e festivos que traballen segundo a súa carteleira.

Cobrarán os domingos e festivos os Oficiais de Defensa Contra Incendios? Si, tal e como estaba comprometido, aqueles Oficiais que desempeñen a súa actividade na brigada, traballando a quendas en domingos e festivos, cobrará igual que o resto do persoal.

Tamén solicitamos:

  • A convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Acordo, de cara a falar non so de certas cuestións derivadas das carteleiras 2025 do persoal que ocupa postos clasificados de funcionario, senón tamén, das carteleiras do persoal de 7/8 meses.
  • A aplicación das sentencias sobre recoñecemento de trienios ao 100%.
  • A aplicación das sentenzas do Tribunal Supremo no referente ao pago do complemento de produtividade (nocturnidade + domingos e festivos) nos períodos de vacacións.
  • O pago da contía completa de trienios perfeccionados como persoal laboral ao novo persoal funcionario de carreira, derivado dos últimos procesos selectivos.

A estas tres últimas cuestións a Consellería de Medio Rural nos emprazou a falar coa Consellería de Facenda, Consellería competente nestas materias

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.