Sectores

Mesa Sectorial CXT – Inspectores accidentais

  • Na Mesa Sectorial de Ensino de hoxe comezamos tratando a Resolución pola que se convoca procedemento selectivo para cubrir con caracter provisional postos de traballo de inspección educativa.

Desde UGT partimos da postura que a cobertura de vacantes, baixas, xubilacións… é necesaria neste corpo e polo tanto o nomeamento de inspectores accidentais, pero:

– Defendemos a idea que o sistema de listas que temos para os demais corpos está a funcionar e que debería ser a mesma para esta situación. Por iso pedimos que non se contemple esta selección de inspectores fóra do concurso-oposición. Neste curso quedaron 5 prazas desertas, polo tanto hai aspirantes que superaron gran parte das probas e que deberían ser esas persoas as que formen unha lista para a cobertura destas prazas. Ademais, sabemos que é un sistema que funciona xa que é o sistema que se segue noutras CCAA.

– Consideramos que este proceso de selección, dun curso en comisión de servizos, non vai cubrir as baixas que se produzcan despois de dita selección polo tanto seguirá habendo sobrecarga de traballo para os compañeiros e compañeiras. Desconfiamos de que isto sexa unha maneira de reducir o número de convocatorias de concurso-oposición.

– De seguir adiante con esta proposta de resolución, pedimos que os vogais da comisión de selección sexan elixidas mediante sorteo, e non á proposta da Dirección Xeral de Centros e RRHH.

A Directora Xeral resposta que se trata dunha situación sobrevida ao longo do curso, e por tanto é necesaria esta Resolución. A intención é de establecer este procedimiento cunha periodicidade anual. Cubrir incidencias que xurdan  e reforzar plantillas existentes.

Desta maneira cúbrense as vacantes con persoal que xa sabe traballar en inspección e non vai a facer prácticas, necesítase xente formada. 

O exame será práctico, con casuísticas que ocorren no día a día na labor de inspección.

O persoal seleccionado cubrirá estas prazas en comisión de servizos.

O Director Xeral de Centros e RRHH informa que non se retirará a resolución e seguen adiante coa proposta despois de revisar algúns aspectos.

  • O segundo punto que se tratou é a Orde pola que se convoca Concurso Xeral de Traslados entre persoal funcionario docente.

A Consellería informa das modificacións do Real Decreto 1364/2010 propostas no RD 677/2024:

  • Prima a antigüidade no centro , o desempeño de cargos e postos, e tamén os méritos académicos.
  • Inclúense novos apartados na valoración: competencia dixital ou méritos artísticos e deportivos.
  • Recoñecemento de certificación de idiomas estranxeiros que esten amparadas por entidades acreditadas segundo o Marco Europeo de referencia para as linguas. Estes serán valorados en apartados diferentes aínda que non simultaneamente. 

Prevese a publicación da Orde o día 4 de novembro para respectar o prazo de presentación marcado polo RD, que vai do 5 ao 26 de novembro.

UGT demanda:

1. Seguimos insistindo en que se poidan actualizar os datos persoais e incluir os méritos non só na apertura do concurso senón en calquera momento do ano como recolle a Orde do 2 de xuño de 2021. O mesmo pedimos para a actualización das competencias dixitais docentes, que sexa continua e non só dúas veces por curso.

Para a actualización de datos persoais é inviable a nivel informático.

Na normativa das CDD xa se contemplan dous prazos polo que non se engadirán máis.

2. Que na base décima primeira punto 3, se advirta que o persoal do corpo de mestres que está a impartir clases en 1º e 2º da ESO cobrando o complemento retributivo, está a perder tal complemento cando obtén praza derivada do concurso, mesmo para atender a esta mesma etapa noutro centro. Aínda que este sindicato si que tratou casos neste sentido, sabemos que xa queda moi pouca xente nesta situación pero non por iso teñen que olvidarse.

3. Do mesmo xeito, pedimos que se oferten vacantes para mestres que imparten na ESO.

4. Novamente solicitamos a creación dun catálogo para os centros de Secundaria que axude á organización dos mesmos e á estabilidade dos cadros de persoal docente.

5. Esta organización quere solicitar que se dea a posibilidade de concursar anualmente ao profesorado que se lle adxudicou unha praza de oficio no CXT

Non se accede as nosas peticións anteriores.

6. En relación ó BAREMO solicitamos que :

a. Nas escolas de capataces forestais e escolas náuticas-pesqueiras, os docentes de educación que alí traballan non teñen recoñecidos, a nivel de baremo, os cargos desempeñados (titorías,…). Entendemos que é de recibo recoñecerllos para evitar agravios comparativos cos compañeiros que exerzan as súas funcións noutros centros.

b. Pedimos que se puntúe o tempo traballado polos substitutos e substitutas do equipo directivo que desenvolven tales funcións.

Nos contestan ás nosas demandas.

c. No apartado 1.1.3. Solicitamos que a puntuación en postos de especial dificultade se puntúe de oficio e que non se teña que solicitar, así como que puntúen os anos traballados nestes postos aínda que na actualidade non se ocupen esas prazas. 

Respostan que revisarán o procedemento en cuestión.

d. No apartado 4.1 ou 4.2 que se puntúen a responsabilidade dos centros de tres unidades; senón análogo á dirección polo menos no mesmo punto que ó secretario, xefe de estudos…

e. No apartado 4.3: que se elimine o límite máximo de 10 puntos para outras funcións docentes. O punto 4 ten un límite de 30 puntos que se acadaría con 7 anos de dirección mentres que o traballo desenvolto ó longo de toda unha carreira profesional fóra do equipo directivo só puntuaría ata 10 puntos do total de 30. Isto é desproporcionado.

f. Que se recoñeza a labor dos docentes nos centros de menos de 5 unidades as dinamizacións de EDNL e Biblioteca ó igual que se puntúan as de extraescolares e ciclo. Son traballos que levan moito tempo e existe profesorado moi implicado que non se está vendo gratificado pola súa labor.

g. Consideramos que o punto 6.4 debe de eliminarse xa que non ten relación o traballo que se poida desenvolver noutras administración públicas coa función docente.

Nos contestan ás nosas demandas.

VARIOS

  • Solicitamos antes de nada unha reunión da Comisión de seguemento do Acordo de interinos.

Convocarase na maior brevidade posible.

  • Pedimos que os distintos plans e programas teñan unha finalización de contrato a día 31 de agosto e non a 30 de xuño, igual que o cobro dos meses de verán para os interinos e substitutos que leven traballados alomenos cinco meses e medio. 

Son programas non estructurais e polo tanto serán ata o 30 de xuño.

  • Seguimos solicitando a recuperación da figura do segundo orientador nos centros con moito alumnado.
  • Despois de tres anos, seguimos sen resposta de cando se prevé a negociación dos novos ROC

Séguese traballando nos documentos.

  • Seguimos sen creación de comités de saúde laboral proviciais, agás en Ourense.

Mirarán de reactivalos nas provincias que faltan.

  • As datas nas que se conceden citas para as revisións médicas son poucas ou nulas. Deberían ampliarse horarios ou instalacións, ou ambas as dúas.

Solucionarán o problema para que todos os que o soliciten poidan acceder á dita prestación.

  • Supoñemos que teremos concurso de orientación e de adultos, queremos confirmalo.

Si se convocarán.

  • Convocatoria de cátedras?

Non vai haber convocatoria.

  • Pedimos que na asignación de CDD a roles e postos docentes se inclúa a especialidade de Laboratorio (208), porque é a que leva impartindo os módulos de Operacións de procesos (215) desde 1995 en Galicia, e esta última si está incluida.

Non se pensa modificar.

  • Aos Departamentos de Madeira, moble e cortiza gustaríalle coñecer os criterios de selección das especialidades que están incluidas na asignación de CDD para o persoal dos corpos de catedráticos/as, de profesorado de ensino secundario e de persoal técnico de formación profesional que exercese a docencia, polo menos 2 anos, nas seguintes especialidades…
  • O persoal deste Departamento non obten acreditación dixital recoñecida de oficio, a pesar de estar manexando maquinaria dixital a cotío. Pedimos que se lle recoñeza.

Contestan que é a Dirección Xeral de FP quen lles trasladará a acreditación dixital docente do persoal dos diferentes departamentos. Revisarán con eles ditas acreditacións. 

  • Nos CIFP estannos transmitindo o seu malestar en relación ó número elevado de horas de inglés nos módulos e sobre todo na continuidade dos mesmos. Consideran que co módulo de primeiro ano é suficiente, xa que entre inglés e o aumento de horas de prácticas están a reducirse demasiado os contidos das materias da especialidade.

Será trasladada a petición á Dirección Xeral correspondente.