📞CHAMAMENTOS para SUBSTITUCIÓNS/INTERINIDADES👥

INFORMACIÓN importante para os CHAMAMENTOS para sustitucións e interinidades

ENLACE das VACANTES e Listas
(recomendamos estar atent@s as posibles variacións de maneira continua)

NORMATIVA actualizada (Acordo de Interin@s · UGT · CCOO · CSIF · ANPE)

⁉️Que pasa se NON collo a CHAMADA📞
· De non coller a 1ª chamada📞 (continuándose coa cobertura das prazas) enviaríaselle un correo electrónico e un SMS 📩informativo, e transcorrida unha hora, se segue habendo prazas sen cubrir, volveríase a ser chamad@ .
· De non coller esa 2ª chamada📞 (ou de non ser chamad@ por inexistencia de máis prazas vacantes) volveríase a ser chamad@ no seguinte día de chamamentos pola orde correspondente..
· Se non se collese a 3ª chamada📞 ese 2º día seríase ❌penalizad@ durante 7 días naturais.

Quen fora penalizad@ 3 veces diferentes (consecutivas ou non) será ❌excluíd@ definitivamente (tras trámite de audiencia)

PROCEDEMENTO actual ( * ) de chamamentos e casuísticas de NON COLLER
( * ) previsto para o curso 2025/2026 (pero aínda non operativo) o CAMBIO no SISTEMA de CHAMAMENTOS por unha APLICACIÓN🖥️ (aínda perfilándose os detalles técnicos) garantíndose para o persoal sustituto máis dereitos, igualdade, transparencia e respeto, dispoñendo de tempo previo prudencial para meditar a decisión.
📊 INFOGRAFÍA · Voz de Galicia ®️

⏰HORARIOS dos chamamentos📞
· 10h a 15h (norma xeral)
· En datas especiais (inicio do curso, post Nadal/Semana Santa) tamén podería ser de tarde de 15h a 20h

⛔Prazas de aceptación voluntaria (sen penalización)
· ⏱️Prazas a Tempo Parcial⏱️ (1/2 xornada)
· 🚕Prazas Itinerantes (agás Relixión) ou de Atención Domiciliaria
· ⚡Prazas en Centros Penitenciarios ou Centros de Menores ou outros definidos como de difícil desempeño

🔏CONSOLIDACIÓN nas Listas
Tod@ sustitut@/interin@ terá dereito a consolidar o seu posto nunha lista sempre que alguén nun posto inferior traballe (ainda que @ interesad@ non traballe por posible renuncia ou restrición de zona)

Excepción (non dan dereito a consolidar): Chamamentos por Bilingüismo

🚫Causas de RENUNCIAS · Sen penalización/expulsión das listas

☝️Limitacións para as RENUNCIAS :
· 3 cursos por contrato de TRABALLO👷🏻‍♀️
· 3 cursos por ampliación de ESTUDOS📚 (prorrogable 2 anos máis · requisitos especiais)

📍Causas para REDUCIÓN/RESTRICIÓN de ZONA (PROVINCIA e CONCELLOS) para os chamamentos

  • A redución/restrición teríase que facer obrigratoriamente no 1º chamamento
  • Só podería reducir/restrinxir quen acabe de ser engadid@ nas listas (oposicións) e/ou non tivera consolidado listas antes do 15 de xuño do 2025 e (para restrinxir Concellos) ter as casuísticas indicadas na imaxe anterior.
  • Podería reducir/restrinxir Concellos excepcionalmente (aínda consolidado nas listas antes do 15 de xuño do 2024) quen xustifique unha causa sobrevida a posteriori do 15 de xullo dalgunha das casuísticas indicadas na imaxe anterior.

Para calquera dúbida, aclaración ou necesidade de axuda…
CONTACTOS Sedes UGT Ensino

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.