A Administración compartiu cos axentes sociais o borrador do Acordo de Xubilación Parcial (XP). Tralo estudo do mesmo, UGT-SP asinará o documento que implantará a XP o vindeiro curso 2024-2025.
Con todo, cabe resaltar que UGT-SP refrendará o acordo por responsabilidade, pero continuaremos loitando para mellorar as condicións, especialmente para ampliar a redución da xornada ata o 75%, incluir na prestación aos traballadores aos que lles quede menos dun ano para a xubilación e aqueles que comparten horario na ESO e no BAC ou en labores administrativas.
Recordemos que as persoas traballadoras do ensino concertado, desde decembro de 2019, non tiñamos XP. Desde o 2010, non percibimos a paga extraordinaria de antigüidade e continuamos sen homologación salarial desde 2012. Por non mencionar que tampouco existe un acordo de recolocación realista e eficaz desde 2008.
En síntese: non se recorda un acordo coa Administración desde fai máis de 12 anos. Polo tanto, como axentes sociais, con responsabilidade, debemos asinar a proposta da xubilación parcial plantexada.
O ensino concertado, despois de tantos anos sen progresos no eido dos dereitos laborais, precisa urxentemente melloras e, aínda que as condicións non sexan as idóneas, trátase dun primeiro paso. Así, UGT-SP continuará traballando para lograr as mellores condicións para os profesionais do sector.