Sectores

Reunión do Consello Reitor da EGAP

Reunión do Consello Reitor da EGAP de seguimento das actividades de formación do primeiro semestre de 2024, programación do segundo semestre, información dos convenios, e información económica e da conta xeral.

A Directora expón de forma detallada toda a información remitida por escrito sobre os puntos da orde do día e abre unha quenda final de intervencións sobre toda a súa intervención.

UGT sinalamos que, efectivamente como informa a Directora a formación en liña representa o 85% de toda a actividade formativa, unha porcentaxe similar á do ano 2023 e o mesmo sucede coa valoración global da formación, que mantén unha puntuación similar ao ano anterior, e manifestamos que:

  • Nas actividades formativas destaca na porcentaxe solicitantes/praza e supera amplamente ao resto de actividades con cifras superiores ao 6%, as de linguaxe administrativa e igualdade e violencia de xénero, polo que se debería aumentar a oferta á vista de todas as solicitudes sen praza.
  • Na formación do segundo semestre valoramos que se inclúa unha xornada monográfica sobre violencia de xénero para o persoal que participa no procedemento e seguimento do Protocolo.
  • Esperamos que o curso para o persoal da Inspección de servizos sociais que tivo incidencias, se imparta tal e como figura na programación do segundo semestre.
  • Queremos recoñecer o traballo do persoal da EGAP e que se atendera á solicitude deste sindicato sobre a formación desagregada do persoal da administración xeral da Xunta/Consellerías, en materia de igualdade e prevención de riscos, xa que non estaba dispoñible cando se fixo a diagnose do Plan de Igualdade.
  • Para dar cumprimento a dito Plan de Igualdade solicitamos incluír na programación a formación específica en prevención de riscos con perspectiva de xénero.
  • Solicitamos que a EGAP contemple na programación de actividades, as relacionadas coa promoción interna, de forma significativa, e co acceso ao emprego público, non nos referimos só a temarios, pensamos que a Escola pode desempeñar un importante papel.
  • No informe de contas 2023 diminúen os gastos de persoal na mesma contía que se incrementan os gastos de servizos externos, queremos deixar constancia de que se debe reforzar o persoal propio da EGAP
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.