O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 de xullo ata o 30 de xullo de 2024, ambos incluídos.
- Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.
AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.
AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024.
- Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
A) Persoal interino e substituto.
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.
2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)
3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.
Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir éste na aplicación informática.
Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.
Correos electrónicos:
persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres
persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para corpos de secundaria e outros
B) Outros colectivosDeberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación.
No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.
AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024