Dende UGT Servizos Públicos Ensino dámosche a NORABOA!!
Que facer agora?
1️⃣ Participar no CADP:
- Tes 2 días hábiles (aínda que xa cubriras xa como persoal interino ou substituto)
- Se estiveras na condición poderías tamen pedir a Comisión de Concilia ou Saúde
2️⃣ Presentar (en 20 días hábiles desde a publicación no DOG dos aprobados) en sede electrónica cunha solicitude xenérica dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a seguinte documentación:
- Certificado médico (SERGAS · Médico de Cabeceira)
- Declaración responsable (ANEXO XIII · Convocatoria Oposicións)
- Certificado Antecedentes por delitos sexuais (só de non ter autorizada a consulta na matrícula das oposicións)
3️⃣ Logo de ter destino provisional no CADP facer a toma de posesión o 2 de setembro (segundo instruccións que se che darán ao respecto no Centro de Destino)
4️⃣ Unha vez publicada no DOG e/ou recibido o nomeamento de funcionario/a en prácticas ir á sede provincial de MUFACE -ou a través da súa páxina web- para causar alta como mutualista e optar pola prestación médica pública ou privada.
5️⃣ Fase de Docencia en Prácticas:
- Nos catro primeiros meses do curso
- Estarás tutelado por un compañeiro/a no centro
- Ao rematar terás que entregar unha memoria final
- Realizar a seguinte formación obrigatoria (se che mandará información e intruccións directamente)
- Curso de de Lingua Galega (20h)
- Curso en Igualdade e Prevención e loita contra a violencia de xénero
- Xornadas de Coñecemento da Administración educativa galega
Para calquera dúbida estamos á túa disposición:
📞 Contactos e sedes de UGT Servizos Públicos Ensino