Sectores

Carreira administrativa graos I e II: Procedemento de emenda de documentación dos criterios de avaliación (funcionarios/as)

Publicada a seguinte Resolución de emenda de documentación:

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación do procedemento de acceso aos graos I e II da carreira administrativa para o persoal funcionario por falta de acreditación de criterios de avaliación.

Publícase a listaxe de solicitantes (anexo I) que deberán acreditar o cumprimento dos criterios de avaliación exixidos porque non consta a dita información no Fides.

Os criterios de avaliación deben cumprirse en 31/12/2023

  • NON SON VÁLIDOS OS CURSOS:
    • Feitos con posterioridade a esa data.
    • Os convocados, organizados ou impartidos por organismos que non estean especificamente indicados nos artigos 15 e 17 da Orde do 29 de decembro de 2023.

Para acreditar o cumprimento dalgún dos criterios de avaliación debes:

  • Solicitar a actualización dos méritos que constan no teu expediente.
  • Acreditar cada mérito segundo se establece no anexo I da Orde do 29 de decembro de 2023.

ACREDITACIÓN DOS MÉRITOS:

  • FORMACIÓN:
    • Debes realizala a través do Fides: http://fides.xunta.gal
    • Comproba os datos que figuran no teu expediente electrónico.
      • Consulta os méritos baremables neste proceso nas epígrafes Formación, Actividade docente e/ou Idiomas. Se figuran no estado de «validados», non precisas realizar ningunha actuación.
      • Se non constan méritos ou están incompletos, incorpora a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa deles.
    • Os méritos que figuren no estado de «acreditación documental incompleta (DI)» debes acreditados. Para elo:
      • Presenta toda a documentación que figure incompleta e xustifique a totalidade do mérito rexistrado:
        • Se tes as copias electrónicas auténticas a través de Fides ou
        • Se non tes copias electrónicas auténticas, presentando a documentación de maneira presencial, xunto coa solicitude de actualización, no Rexistro.
  • MÉRITOS DAS LETRAS C A G DA ORDE DE CONVOCATORIA:
    • Debes presentalos
      • Preferiblemente por vía electrónica: procedemento PR004A
        • Dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sinalando o procedemento asociado AP504L Actualización de méritos.
      • Excepcionalmente, de forma presencial (artigo 16.4 da Lei 39/2015).

PRAZO SOLICITUDES

  • Dende o día 19 de xullo de 2024 e será de 20 días hábiles.

IMPORTANTE:

As persoas que estean incursas nun proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, e aqueloutras que xa presentasen documentación que estea pendente de validar na plataforma Fides e que sexa suficiente para acreditar os criterios de avaliación neste procedemento de carreira administrativa, non deberán volver a presentar a dita documentación.

As persoas solicitantes relacionadas no anexo son requiridas para que, no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día 19 de xullo de 2024, acheguen os documentos preceptivos segundo o procedemento establecido. De non o faceren, considerarase que desisten da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Na páxina web de Función Pública https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional dispós de axuda con instrucións sobre o acceso, así como medios de contacto específicos en caso de dúbidas ou problemas técnicos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.