Sectores

Lamentamos que as patronais se negasen a asinar as táboas salariais para o pago delegado do ano 2023

As organizacións sindicais CCOO, FSIE, USO e UGT Servizos Públicos lamentamos que as patronais se negasen onte a asinar as táboas salariais para o pago delegado do ano 2023.

As organizacións patronais negáronse a asinar as táboas salariais 2023 para o pago delegado argumentando que hai dúas comunidades autónomas (Aragón e Murcia) que non abonaron a subida adicional do 1% e non se comprometeron por escrito a facelo. Alegan tamén que non se publicaron por parte do Ministerio de Educación os novos módulos de 2023.

Para as organizacións sindicais, é un claro abandono da súa responsabilidade na negociación colectiva en favor de que as Administracións públicas fagan o que lles corresponde a elas.

Os sindicatos manifestamos:

> Que as táboas se poden asinar perfectamente no día de hoxe porque:

  • Hai normativa legal suficiente para facelo.
  • A porcentaxe de subida é coñecido hai tempo.
  • O Ministerio de Educación xa comunicou na reunión da Mesa Sectorial do pasado 19 de xuño, que NON está obrigado a publicar os novos módulos de 2023 tal e como ditamina a Avogacía do Estado e non os vai a publicar.

> Esperar a que todas as comunidades autónomas fagan efectiva a subida salarial e que logo se asinen as táboas como di a patronal incumpre o convenio colectivo e vulnera a negociación colectiva.

Tamén fixemos constar en acta que a patronal se negou a introducir na orde do día da reunión de hoxe, a pesar de solicitalo os catro sindicatos, a negociación das táboas salariais para 2024 que afectan a todos os traballadores do sector e que, con independencia de que o Ministerio publique ou non os módulos de 2024, hai xa publicada normativa legal suficiente para comezar a negociación.

A pesar de insistir os sindicatos en que as táboas fosen asinadas hoxe, as patronais mantiveron a súa negativa.

Os sindicatos tomaremos as decisións que consideremos oportunas para defender ás traballadoras e traballadores e o pactado en convenio colectivo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.