Sectores

Adxudicacións/relacións provisionais de Concursos de méritos

——————————————————

Puntuacións provisionais das persoas candidatas para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Orde do 27 de maio de 2024)

Publicación de puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes ao concurso público para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convocado pola Orde do 27 de maio de 2024.

——————————————————

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Xúntase a Resolución do 4 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024 (DOG n.º 106, do 3 de xuño)

O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos no procedemento normalizado ED013C no prazo comprendido entre o día 5 de xullo ata o 11 de xullo de 2024, ambos incluídos.

  • Para formular reclamacións deberá elixir o trámite “Alegacións” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).

Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.

  • Para formular renuncia deberá elixir o trámite “Renuncia” da solicitude de participación ED013C presentada na sede electrónica (lembre: o trámite debe realizarse na última solicitude presentada en sede electrónica neste procedemento).

Unha vez cuberto, debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.

——————————————————

Adxudicación provisional das prazas do concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e de prácticas do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente

Xúntase a Resolución do 4 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo, a relación do persoal excluído e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente , convocado pola Orde do 16 de maio de 2024 (DOG n.º 101, do 27 de maio) (código de procedemento ED013B)

  • O prazo de presentación de reclamacións abranguerá desde o día 5 de xullo ata o día 11 de xullo de 2024, ambos incluídos por médios electrónicos, mediante o trámite «Alegacións» activado para estes efectos no procedemento normalizado ED013B.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán presentar a renuncia de participación no concurso por medios electrónicos mediante o trámite «Renuncia» activado para estes efectos no procedemento normalizado ED013B.

Estarán activados os trámites  alegacións e/ou renuncia na Carpeta cidadá no procedemento normalizado ED013B  do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de participación no concurso de méritos específico para cubrir postos de escolarización a alumnado de atención preferente (código de procedemento ED013B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións» e/ou «Renuncias».

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED013B). Deberá indicar o código da praza ou prazas que reclama e xustificar o requisito. 

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

Estará  correctamente presentada a alegación e/ou renuncia  cando poida descargala asinada  así como o recibo de presentación.

——————————————————

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.