Ante a proposta da sétima funcionarización, UGT quere manifestar e poñer en valor o esforzo negociador das seis RPT de funcionarización precedentes, que plasmaron as garantías do Acordo de concertación de emprego público da AXXG e reflectidas no Decreto 165/2019, polo que se respectou a indemnidade retributiva, onde os complementos de funcionarización foron moi excepcionais, e mesmo que a maioría do persoal mellorou retribucións e se corrixiron algunhas diferenzas preexistentes entre categorías e centros da mesma tipoloxía, análise non menor e que debemos afirmar foi satisfactorio para a gran parte do persoal involucrado no proceso de funcionarización.
Esperamos polo tanto que a proposta da sétima funcionarización para os grupos III e IV de continuidade a precedentes e cumpra os mesmos obxectivos, polo que será preciso unha revisión dos 459 postos para os que se formula complemento de funcioanrización dun total de 2.321 postos e 47 categorías.
Sinalar que contabilizamos 1.862 postos de traballo que incrementan retribucións coa funcionarización, pero contabilizamos 25 categorías, nas que o total de postos afectados por complementos de funcionarización son 459. Certamente o número de postos de aprobados é menor, 101, pero o alcance real da RPT é de 2.321 postos e 459 con complemento de funcionarización. E este é o problema que hai que resolver da proposta que se nos achega.
No que atinxe o colectivo de persoal condutor III-63 e IV-16, reiteramos, como así se expresou en Mesa Xeral, que é preciso traspoñer a un Acordo regulador para as categorías equivalentes funcionariales, o Acordo propio do colectivo de persoal laboral para a súa aplicación ao persoal funcionarizado. Non é posible establecer unha equivalencia en complementos sen contar coas especifidades do Acordo de orixe. E solicitamos que se abra dita negociación a maior brevidade e se traballe con un calendario de funcionarización a tres meses.
Nas outras 23 categorías, contabilizamos 279 postos con complemento de funcionarización que pensamos que coa revisión dos complementos cos mesmos obxectivos que se fixo nas seis funcionarizacións precedentes, se poden minimizar e resultar excepcionais os complementos de funcionarización, no caso de ter que existir.
Certamente as equivalencias converten as retribucións de orixe como persoal laboral nas de destino como persoal funcionario, e as situacións de orixe non son homoxéneas para as mesmas categorías e centros ou entre categorías, pero esa situación tamén se deu nas seis funcionarizacións precedentes, e se modulou e o resultado foi o carácter excepcional dos complementos de funcionarización dos postos afectados.
Segundo as nosas estimacións, agás algúns postos con complementos de singularidade ou de dispoñibilidade que non teñen equivalencia posible nos complementos e merecen outro tratamento, dos 279 postos (no inclúe as categorías III-63 e IV-16, ver parágrafo cuarto), a revisión de complementos permite dar continuidade as funcionarizacións precedentes nas que os complementos de funcionarización foron excepcionais.
A continuación sinálanse no cadro as categorías sobre as que se indica proposta co fin de suprimir ou minimizar os complementos de funcionarización da proposta da administración:
DENOMINACIÓN | OBSERV. | DIFERENZA | EFEC CF | APROB CF | TOTAL EFEC | TOTAL APROB | PROPOSTA |
Capataz de brigada (III-23) | 16-16 | -1.014,75 | 3 | 0 | 25 | 5 | 3 con CF. |
Capataz de establecemento (III-80) | 18-21 20-20 | -2.027,82 | 10 | 9 | 23 | 16 | 18 MA CE 21, 929€, CF Pasa a 1.000€ 18 CF a metade |
Celador/a e celador de estradas (III-23) | 16-16 | -1.014,75 | 6 | 0 | 6 | 0 | CE A 20, 6 Con CF Pasa a 34€ |
Oficial 1ª cociña/xefe cociña 2ª (III-65) | 14-14 20-21 | -367,49 | 5 | 2 | 76 | 31 | 5 Postos de CE de 17 A 19, |
Oficial 2ª cociña (IV-5) | 12-12 18-21 | -33,75 | 26 | 5 | 359 | 98 | CE 18 A CE 19. Residencia Monforte 4.552€ con CE 21 |
Xefe/a de cociña (III-14) | 16-16 16-17 18-20 18-21 20-20 | -333,16 -705 -1.010,75 -1.433,74 | 11 | 2 | 12 | 2 | Maiores e CAPD de CE 20 a 21. Panxón CDA 17 CE a 18. Politécnico CD 17 CE a 19. Quedan 2 CF |
Encargado/a agrario/a (III-11) | 16-16 16-21 | -1014,75 | 5 | 1 | 7 | 2 | CE de 16 A 20. Queda 5 CF de 20€ |
Encargado/a de almacén (III-5) Mantemento/traballos/conservador (III-6) | 14-14 16-16 16-17 18-20 14-21 | -335,16 – 705,00 -822,92 -975;58 -1.014,65 -1.433,74 | 22 | 3 | 28 | 5 | Política Social todos a CE 21. MAR CE DE 16 a 20. Cultura CE 14 a 20. Xustiza e IET CE de 14 a 19 |
Encargado/a equipamentos mecánicos/Mecánico supervisor (III-1) | 14-14 14-21 18-20 20-20 | -975,58 -4.875,68 – 9.349,51 | 5 | 2 | 6 | 2 | Equiparar en CD 18 CE 21. O CD 20 e CE 20 subir CE a 21. Queda 1 con CF de disponibilidade moi alto. |
Encargado/a xeral (III-8) | 16-16 20-20 20-22 | -134,58 -145,63 -705,00 -1.014,65 | 4 | 0 | 7 | 0 | P. Social pasar CE 20 a 22. VIVENDA pasar CD 18 CE a 19. Quedan 2 CF |
Subgobernanta | 14-14 14-24 16-21 18-22 | 12 | 1 | Suben entre 1.300 e 2.300€ superan a goberante/a do mesmo centro. | |||
Gobernante III-4 | 14-14 16-16 16-17 16-21 18-20 20-20 20-21 | -975 -955,36 -1.014,75 -1.43374 -335,16 -705 -704,86 1.433 | 25 | 2 | 29 | 3 | VOLTA, OLEIROS, VIGO CE a 21. Residencias CD A 20, CAS MAR, PANXON TERRA, POLITECNICO CD a 17 CE a 19. Quedan 7 CF |
Analista de laboratorio (III-17) | 18-21 20-20 | -764 -975 | 24 | 0 | 84 | 9 | MR, Emprego e Sanidade, CD 16 CE 17. MR, INST MARIÑO e LAB A CORUÑA CE 21. 6 CF Pequenos |
Oficial 2ª agrario (iv-9) | 12-12; 12-14; 14-16; 16-16; 16-18 | -33,75 | 4 | 0 | 47 | 12 | QUEDAN 2 CF DE 33,75. TEÑEN XA O CD E CE MAIS ALTO QUE OS DEMAIS |
Oficial 2ª mantemento e reprogragía (IV-6/18) | 12-12 14-14 14-16 17-18 | -7,13 | 1 | 0 | 30 | 3 | Queda CF de 7,13 |
Oficial 1ª mecánico (III-82) / Tractorista/operador maquinaria pesada (III-64), Agrario (III-68) / De obra (III-67) / Mantemento (III-69) / De servizos técnicos (III-69) / Oficial 1ª (III-69) e Especialista de oficios (III-6) | 14-14 16-16 16-21 18-20 18-21 18-22 20-20 20-21 | -5.970,89 -1.014,75 | 10 | 1 | 85 | 22 | Ver C de singularidade 8 CF altos. CE de 16 a 20 |
Axudante/a servizos técnicos (IV-6) | 14-16 16-16 16-18 | -33 -1.764,09 | 4 | 2 | 9 | 2 | Equipara asistidas en CE 18. residencias CD 16 CE 18. quedan 2 CF singularidade alta |
Técnico/a auxiliar de obra e práctico/a C. e V.O. (IIIi-7) | 16-16 | -1.014,65 | 11 | 0 | 11 | 0 | CE 16 a 20. quedan 11 CF de 134€ |
Xefe/a de servizos técnicos (III-6) | 18-20 20-20 | -335 -705 | 8 | 1 | 8 | 1 | CD de 18 a 19. CE de 20 a 21. Quedan 4 CF de 300€ |
Supervisor/a radioteléfono (III-38) | 18-20 | -3.372 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 efectivos, ver dispoñibilidade de 3.724€ Quedan 2 CF |
supervisor/a telefónica (iii-33) | 14-14 | -975 | 1 | 1 | 1 | 1 | PASAR A CD 16 CE 17 |
Coidador/a auxiliar | 14-14 14-16 16-18 | -33,75 | 23 | 0 | 874 | Os postos CE 18 pasar a CE 19. | |
Auxiliar coidador/a | 16-18 | -33,75 | 69 | 0 | 70 | 0 | Teñen o máximo do Coidador auxiliar, CD 16 CE 18. Pasar CE a 19 |
279 | 32 | 1.811 | 216 | 111 CON DISPONIBILIDADE | |||
1.811 | SIN CONDUCTORES QUE SON 180 EFECTIVOS CON CF, SON 279 EFECTIVOS CON CF PASARÍAMOS A 81 CON CF, A MAIORIA MOI PEQUENOS. | ||||||
A MAIORÍA DOS CF NO CHEGAN A 50 EUROS. | |||||||
HAI SUPOSTOS DE SINGUALRIDADE OU DISPONIBILIDADE QUE SON IRRESOLUBLES CON CE. |
Como exemplo de encadre incorrecto exponse a continuación a particularidade das categorías 007,008, 009, 023, 060, 064 e 067 do Grupo III, que prestan servizo na Axencia Galega de Infraestruturas, ditas categorías viron modificadas as funcións da categoría de orixe, por medio do Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia, Confederación Intersindical Galega e Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas, con adenda ao mesmo de data 08/07/2020.
Considerando que o persoal, das citadas categorías así como aqueles que participan na promoción interna do IV-031, leva a cabo funcións de vixilancia de estradas como función principal e moitos dos efectivos teñen recoñecida xudicialmente as diferencias salariais coa categoría III-009, o nivel de destino 20 e específico 22, de igual xeito que os Axentes de vixilancia do dominio público hidráulico.
Os postos da categoría Oficial 2º cociña (IV-5), da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades, que están situados nos CEIP teñen unha particularidade específica, en tanto que a maioría están encadrados no C2, con CD 12 e CE 12. Esta situación lévaos a unha diferencia positiva de 409,99€, que non reflicte a realidade das funcións e retributiva deste postos. A memoria funcional especifica que se inclúen 12 postos que por distintas sentencias xudiciais foron reclasificados ao Grupo III-65, procedendo polo tanto a funcionarización como Oficial 1º de cociña, no C1. Son moitas as persoas que nos CEIP obteñen xudicialmente a diferencia salarial de forma anual que podemos cuantificar 3.000€, elo derivado das funcións que realizan e que así recoñecen as distintas sentenzas xudiciais. A solución a esta problemática pasaría polo seu encadramento no C2 e con CD 18 e CE 18.
SOLICITAMOS Á DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO PÚBLICO E ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL a toma en en consideración das presentes alegacións a fin e efecto de acadar unha RPT de funcionarización co maior consenso posible e adecúe os postos á realidade dos mesmos.