Sectores

Comité Seguridade e Saúde Laboral do SPIF

O pasado luns, tivo lugar o CSSL de incendios sendo a primeira reunión trimestral e incumprindo a administración a LPRL, cos seguintes puntos:

1- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior 20.12.23

 Aprobase a acta co voto a favor de todas as organizacións agás CIG, e coa queixa por parte de UGT da falta do informe de accidente da brigada helitransportada de Campiño, ao que responde o presidente que será entregado para o próximo comité.

2-Estado e entrega de Epis e elementos identificativos das diferentes escalas

O presidente informa que en breve vai a realizarse a entrega de :

  • Botas extinción: 2.620 unidades da casa adxudicataria FAL
  • Pantalón e chaqueta de extinción: 5.600 unidades seguimos con EPI de Cat. III coas conseguintes identificacións das categorías e corpos de BBFF e AAFF
  • Gafas de extinción: 2.620 unidades
  • Mascara antifume: 2.620 unidades (3M)
  • Soplador da marca Makita: un por vehículo ata completar as 600 unidades e que a empresa adxudicataria (GSI) fará entrega en agosto.
  • Cascos 450 unidades para a demanda de persoal sen casco actualizado.

UGT solicita que se remita unha instrución para que todo o persoal das distintas escalas e corpos utilice como primeiro EPI o recen entregado dando mellor imaxe corporativa e dado que é o que esta no acordo marco para posibles substitucións.

UGT informa da reiterada falta de entrega de toalliñas para limpeza de cara e mans par minimizar o risco de contaminación cutánea.

3- Estado de entrega de autorescatadores

A Consellería informa que están sendo entregados despois da formación pertinente, faltando por completar na provincia de Pontevedra.

UGT solicita que se estableza a entrega de mochilas como se fixo coas brigadas helitransportadas debido o aumento de peso no cinto das diferentes partes (cantimplora, caixa de primeiros auxilios, máscara, gafas etc.).

4- Protocolo de desinfección de EPIS

UGT solicita modificar o punto do orde do día xa que non se corresponde coa documentación entregada sobre  “Protocolo de recollida e entrega”

Seguimos a denunciar que despois de UN ANO a Consellería non tomou ningunha medida para minimizar os riscos na extinción por risco a canceríxenos, co cal abriremos outra vía de actuación ante a inacción da consellería.

UGT volve a recalcar que o EPI non PODE SER LAVADO FORA DO TRABALLO, pola posible contaminación de outras prendas persoais.

5- Dotación de auriculares para os condutores de buldozer

Despois de explicar o presidente que se quere  aumentar a seguridade nas comunicacións entre os medios de extinción e os medios pesados, coas emisoras TETRA, UGT está conforme coa súa implantación.


Solicitamos desde UGT que esta problemática tíñana algúns camións na zona da bomba xa que non tiñan nin altofalante nin similar. A Consellería toma nota e di que se algún lle falta se procederá a colocarlle a comunicación.

6- Plan de formación anual

O presidente informa do plan anual.

UGT apoia o gran cambio  que se fixo coa formación, aínda que seguimos votando de menos o aumento de horas por curso de mínimo 12 ou 20 hs, e que tales cursos non teñan unha convalidación coas “Unidades de Competencia”, así como que a formación debería ser obrigatoria.

Reiteramos que os simulacros seguen sen realizarse de nivel 1 e 2 en distintos distritos de Lugo e Pontevedra.

Solicitamos que a formación sexa mais aberta a categorías como vixiantes fixos.

7- Información de alertas meteroloxicas para vixiantes

Estase a realizar unha instrución para os casos de fenómenos adversos e tormentas.

Desde UGT non podemos dar unha valoración exacta hasta que este redactado ese documento, si informamos que por exemplo no Distrito XVIII séguese mandando aos vixiantes para as casetas en situacións de risco meteorolóxico.

8- Rogos e preguntas

Dende UGT expoñemos a problemática coa picadura da carracha (moi común en diferentes zonas de Galicia) solicitando repelentes para un primeiro momento ou para a roupa de traballo.

Que se proceda a realizar nas analíticas anuais de sangue ou ouriña un cribado a todos/as os traballadores/as xa que están aumentando os casos de enfermidade de Lyme e a detección por si sola e lenta e tardía sen unhas analíticas.

O Servicio de Prevención informa que o proceso a seguir nunha picadura e ir a un centro médico para a súa extracción e comunicalo a Mutua como risco no traballo xa que do contrario non se teñen datos do acontecido.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.