A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ven de convocarnos á Comisión de Persoal a celebrar o vindeiro 20 de xuño
Os temas que imos tratar son os seguintes:
Proposta de anteproxecto de Orde pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.
Modificación da RPT dos procesos de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral e clasificación no corpo administrativo da administración xeral (B, C1 e C2)
Modificación RPT da extinta consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
Modificación da RPT da ATRIGA
Procedementos de carácter disciplinario