Sectores

Mesa Xeral de Empregados Públicos: Modificación do Decreto 165/2019, de funcionarización Modificación da RPT de funcionarización Grupos III e IV

O pasado venres tivo lugar a Mesa Xeral na que se trataron as seguintes cuestións:

Modificación do Decreto 165/2019, de funcionarización.

A modificación prevé dúas cuestións:

  • Desdobrar en dúas escalas técnicas (mantemento de servizos e recursos naturais e forestais) para adecuar a equivalencias para a funcionarización das categorías III-07, III-08, III-09, III-23, III-60, III-64 e III-67, atendendo os informes de funcións emitidos polas Consellerías do Medio Rural e a de Política Social:
    • Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma, escala técnica de mantemento de servizo.
    • Corpo de axudante de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma, escala técnica de recursos naturais e forestais.

CCOO e UGT consideramos adecuada e necesaria dita modificación.

  • Permitir o persoal da grupo e categoría, III 99 (coidador/a a extinguir), que dispoña da titulación habilitante para o acceso á escala de auxiliares de clínica, poida optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores ou de auxiliares de clínica, ambas subgrupo C2.

A posibilidade de optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores está condicionada a que posúa a titulación necesaria para o acceso a dita escala.

UGT e CCOO queremos deixar claro de forma conxunta que a opción formulada non satisfai as pretensións nin do Acordo nin das persoas afectadas, e aínda que a modificación proposta implica a voluntariedade e polo tanto non se constitúe como obrigación, levamos anos alegando, a través da Lei de medidas, que a Administración atenda a nosa pretensión de realizar o encadre correspondente da categoría do xeito que determina o Acordo de concertación do emprego público, que na Sección terceira, da funcionarizacion do persoal laboral, regula no apartado Segundo que “As distintas RPT serán adaptadas, no caso de reclasificación xudicial, á realidade xurídica dos seus ocupantes para que a funcionarización se produza desde a categoría que posúa o empregado/a público/a”.

A primeira controversia xorde coa percepción do complemento de carreira asociado á funcionarización, en tanto que o persoal desta categoría ven percibindo o correspondente ao subgrupo C1, en consonancia coa reclasificación xudicial e polo tanto verían diminuída a contía do complemento de carreira. A segunda controversia é o agravio do persoal Auxiliar de clínica xa funcionarizado que non tivo a opción que esta modificación prevé, xerando polo tanto unha nova brecha entre ambas categorías.

A DXEPAP refire que valorarán realizar algunha modificación, sen aclarar o sentido da mesma.

Unificación das categorías do Grupo V-10B e V-10C que pasarán a ser unha única especialidade de emisorista-vixilante fixo/a.

Acordouse resolver unha discordancia arrastrada desde fai tempo e que atende ás demandas realizadas en alegacións previas e reiteradas tanto na xuntanza previa como na Mesa Xeral. Tal e como se establece na  Resolución do 22 de maio de 2023, pola que se publica a RPT de funcionarización do SPIF.

Solicitude de CCOO e UGT

Modificar na próxima Lei de medidas, as denominacións das especialidades á literalidade das titulacións académicas actuais, citando entre outras o exemplo de auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico que deben pasar á de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería.

Modificación da RPT de funcionarización Grupos III e IV:

A folla de cálculo presentada contén un total de 2.431 postos, dos que 449 corresponden con persoas co proceso aprobado, con posibilidade de cambio de vínculo xurídico, con 101 complementos de funcionarización, do que resulta a seguinte táboa en porcentaxes:

C. FUNCIONARIZACIÓNEFECTIVOS%APROBADOS%
 2.431 449 
< 046219,00%10122,49%
> 01.96980,99%34877,5%

Segundo explicación da Directora, para a asignación de complementos utilizouse un criterio común para cada un dos subgrupos, así aqueles que carecían de pluses, foise ao nivel base do tramo de niveis e dende aí determinouse este, en función da conversión en complementos dos pluses que tiña o posto na condición de laboral.

CCOO e UGT como asinantes do Acordo de concertación do emprego público e tendo en conta que esta é a sétima RPT de funcionarización non podemos consentir que saia da senda emprendida en anteriores RPTs, onde os complementos de funcionarización non existían ou ben se minimizaron ao máximo posible e a maioría do persoal incrementou retribucións.

Como positivo da proposta destacamos que dentro do 77,5% que ven incrementado o seu salario hai un 31% que o fai por encima dos 400€, pero a parte negativa confórmana determinadas especialidades ou categorías que teñen asignado un complemento excesivamente alto.

UGT e CCOO consideramos que:

  • É posible a combinación de niveis que permitiría nalgunha das especialidades eliminar ou minimizar o complemento de funcionarización e alí onde non sexa posible establecer complementos específicos diferenciais que acomoden as contías.
  • Para postos de persoal condutor, tanto C1 como C2, que deriva de acordo recollido en convenio e asinado coas OOSS, pode ser analizado a través da sinatura complementaria dun novo acordo de condicións de traballo que substitúa ao actual, como xa se fixo con outras categorias.

Logo da exposición das OOSS a Directora Xeral indica que en colectivos importantes como persoal condutor a próxima proposta levará o nivel máis alto do rango do subgrupo.

Queda aberto o prazo para alegacións ata o vindeiro mércores.

Rogos e preguntas:

  • Cronograma de procesos selectivos:
    • Preguntada pola desaparición do cronograma de procesos que había na web de Función Pública e a súa desaparición e si iso significa que deixa de ser previsión a ter en conta, responde que non ten coñecemento do mesmo.
  • Concursos de traslados:
    • Xeral:
      • Preguntada pola desaparición de 180 prazas do buzón de postos do concurso de traslados, informa que aquelas que se retiraron foi porque así o solicitaron as consellerías.
    • Consumo:
      • Solicitamos que dado o escaso número de participantes (3), segundo o trasladado pola propia administración, non se entende porque non está resolto. Comunica que mirará como está a súa resolución para informar na vindeira reunión.
  • Comisión de seguimento do Acordo de Política Social:
    • Comunica que están pechando o documento de criterios, ao que se presentaron alegacións, e que nas próximas semanas se convocará.
  • Baremos provisionais de estabilización:
    • Logo de manifestarlle as queixas polo baremo que nos foron achegadas, informa que en breve publicarán o A2, e que o resto de subgrupos están traballando na súa validación, e segundo vaian rematando esta, irán publicando.
  • Preguntas realizadas non respondidas:
    • A implicación dos decretos de estrutura da Xunta de Galicia, no proceso sen rematar derivado do Acordo de integración do persoal da GAIN.
    • Elección de destino e toma de posesión das promocións específicas.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.