Sectores

Publicación no DOG da composición dos tribunais das oposicións a Docentes 2024

En cumprimento do sinalado na base sétima da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de Educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres (código de procedemento ED001A), a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Primeiro. Nomear os tribunais que figuran no anexo desta resolución, ante os cales deberán actuar as persoas aspirantes admitidas á realización das probas do proceso selectivo.

Os presidentes ou presidentas adoptarán as medidas necesarias para a constitución dos tribunais no prazo indicado.

Segundo. Quedan autorizadas as comisións de servizos dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, que terán dereito a percibir axudas de custo e gastos de viaxes de acordo con a lexislación vixente.

Os medios de locomoción usados serán calquera dos previstos no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño), e deberá entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

ACCEDE A TODA A RESOLUCIÓN:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240530/AnuncioG0761-220524-0002_gl.html

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.