A área publica de CCOO e UGT Servizos Públicos valoran a proposta de Función Pública para poñer en marcha a xubilación parcial para o persoal funcionario/estatutario e, ao tempo, insisten en que debe ser unha prioridade absoluta para o Goberno facer efectiva neste mes de xuño a subida salarial do 2024 do persoal das Administracións Públicas e sector público.
A proposta de Función Pública vai en liña coa reivindicación histórica de UGT e CCOO para poder implantar a xubilación parcial do persoal funcionario/estatutario en termos similares ao persoal laboral.
Neste sentido, o Goberno mostrou dispoñibilidade absoluta para culminar esta materia contemplada no Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, sen menoscabo da negociación que se está levando a cabo na mesa de diálogo social de seguridade social.
Igualmente, ambos os sindicatos insistiron na culminación do resto de materias contempladas no Acordo Marco, especialmente no ámbito AGE e servizo exterior.