Dende a reunión da Mesa Xeral e da Comisión de Persoal do pasado 24 de abril, na que se anunciaron as publicacións en DOG que se viñeron producindo (OPE Lei 20) e a RPT e desenvolvemento de traballo da Comisión de integración do Consorcio, non houbo reunións de Comisión de seguimento de ningún dos Acordos coa DXEPAP.
Ante tal situación UGT manifestoulle á DXEP a preocupación polos efectos que pode supoñer a demora en tratar materias que deben de materializarse neste ano 2024, e algunha antes de agosto de 2024.
RELACIÓN DE MATERIAS OBXECTO DE TRATAMENTO EN COMISIÓNS DE SEGUIMENTO
- Completar a funcionarización que falte e incluír unha nova oferta para persoas empregadas públicas mal asesoradas ou mal informadas que mudaron a súa decisión.
- RPT Consorcio e rematar a integración.
- Terceiro grao extraordinario de carreira.
- Criterios aplicación do Acordo de Política Social e convocatoria das subcomisións de comedor e intersubstitucións.
- SPIF: Segunda actividade e desenvolvemento do Acordo.
- Estabilización Lei 20/21 e OPE ordinaria.
- Concursos de traslados.
- Bolsa do 5% de xornada por conciliación.
- Revisión de niveis acordadas en Comisión de Persoal de persoal subalterno, TCAES, coordinadores de enfermaría, e outros, derivados de RPT proceso de funcionarización.
- Modelo de carreira ordinaria aberta e permanente.
Coincide que se publican no DOG as modificación de estrutura das Consellerías derivado da nova configuración do goberno da Xunta, polo que como era previsible haberá traballo de Mesa e Comisión de persoal para a adaptación de todas as RPT.
UGT insistimos na demanda de renovar a actividade das Comisións de seguimento, esa sería unha sinal indubidable de que se confirma unha liña continuista de aplicación de Acordos anunciada na Mesa Xeral e cumprimento de compromisos adquiridos, pero non temos aínda concreción cronolóxica.
Seguiremos informando…