Sectores

CONVOCATORIA CONCURSO DE ATENCIÓN PREFERENTE

ORDE do 16 de maio de 2024 pola que se convoca o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente.

  • O prazo de presentación de solicitudes: desde o día 28 de maio ata o día 10 de xuño de 2024, ambos incluídos.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal no enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013B.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.