Sectores

LEI 20/2021: Listaxes Provisionais (Escalas)

Publicada hoxe en DOG a Resolución que contén baremación provisional do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo A1 seguintes:

Corpo superior
Escala de sistemas e tecnoloxías da información
Escala superior de finanzas
Escala superior de estatísticos
Corpo facultativo superior
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
Escala de ciencias. Especialidade de física
Escala de arqueólogos
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
Escala de facultativos. Especialidade de medicina

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas está publicada en:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

RECLAMACIÓNS:

  • Prazo: 10 días hábiles a partir do 22/05/24.
  • A través de: Fides na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación alegacións baremo».
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.