Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe tratamos os seguintes temas:
1. Orde pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
- O Sector de Ensino de UGT-SP parte da necesidade dunha mellor dotación permanente de persoal nos centros independentemente da realización deste concurso. Deberiase dotar de persoal definitivo de atención á diversidade a centros onde se veñen detectando ano tras ano estas necesidades para así dar estabilidade aos cadros de persoal.
- Plantexamos, así mesmo, melloras no articulado como a ampliación do número de prazas que se pode pedir.
Non aceptado.
- Do mesmo modo, débense ampliar os prazos de solicitude e de renuncias e reclamación.
Aceptado: 10 días prazo de solicitude; 5 días prazo de renunciase reclamación.
- Por outra banda a especificidade das prazas xustifica que se convoquen a dous profesionais AL e PT no canto de establecer prazas con afíns.
2. Orde pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
- Con respecto ós participantes e requisitos establecidos no artigo 2, solicitamos dende UGT Servizos Públicos que o persoal interino poida participar neste concurso de méritos.
- Artigo 5 punto 2, pedimos que o prazo de solicitude se aumente de 5 a 10 días.
Aceptado.
- Entendemos que deberían establecerse uns criterios máis concretos para a elaboración do proxecto. Entendemos ademais que se debería baixar a puntuación relacionada co proxecto e que este non debería ter carácter eliminatorio.
- Cremos que os convenios con entidades privadas non deberían existir, e de non ser posible, deberían ser moi limitados e xustificados.
- No baremo debería eliminarse a entrevista. Entendemos que se desvirtúa o concurso de méritos con esta actuación.
Aceptado
3. RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25.
- Parécenos necesario que se incremente o orzamento para este tipo de licenzas, estancados en 500 meses, para o profesorado porque consideramos que é unha forma de ampliar e compartir os seus coñecementos e formación para así obter un ensino de mellor calidade. O tempo de gozo das licenzas é moi escaso para as labores de investigación e pescuda, especialmente no contexto de mudanza de curríuculos polo que pedimos que se amplien no seu conxunto.
- Pedimos ademais a recuperación das licenzas por estudos retribuídas e non retribuídas porque entendemos que é un camiño indispensable para a especialización dun docente e polo tanto contribúe á mellora da calidade do ensino.
- No apartado 3, non entendemos por que este curso non se contempla o caso de prazas vacantes, nas que podían participar grupos con máis de 50% de persoal docente interino. Significa que non se cubrirán? ou que non se permitirán grupos con máis de 50% de persoal interino?
- No punto décimo, pedimos que se amplíe o prazo de entrega dos materiais previstos de 10 días a un mes desde a finalización do proxecto.
- Solicitamos a eliminación do requisito CDD.
Aceptada
4. Orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.
- O guión para a elaboración do proxecto debería ser máis preciso.
- O prazo de reclamación de 3 días hábiles parécenos escaso, sobre todo se se ten que aportar algún tipo de documentación ou a publicación é un venres. Deberían ser 5 días hábiles como mínimo. Igualmente o prazo de solicitude debería ser ampliado a 10 días.
- Aceptada
- Baremo: No apartado 1, débese incrementar a puntuación total por servizos prestados.
5. Rogos e preguntas:
- Solicitamos a presencia na Mesa da Directora Xeral de FP, para informar da implantación da nova Lei de FP o vindeiro curso dado a proximidade do mesmo.
- Solicitamos se teñan en conta melloras e instrucción mais precisas de cara ao vindeiro curso na Avaliación de Diagnóstico.
- Solicitamos a Comisión de Seguemento do Acordo de Mellora que queda fixada para o vindeiro luns, 13 de maio.
- Solicitamos se cubran as baixas nos centros á maior brevedade posible.
Consulta aquí o INFORMA.