Sectores

EGAP: Convocatoria actividades formativas Competencia Dixitais

Publicada hoxe, en DOG, a Resolución pola que se convocan actividades formativas do marco galego de competencias dixitais ComDix.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar:

  • O persoal empregado público destinado en:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais.
    • Administración institucional.
    • Administración de xustiza.
    • Entidades locais.
    • Administración e servizos (PAS) das universidades do SUG.
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.
  • Para poder participar no curso “De Codix a ComDix iniciación”, deberá disporse previamente da certificación Codix.

Datas e lugares de realización:

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen no anexo II desta resolución.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes:

  • Prazo solicitudes: dende o 5 ata o 12 de abril.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 2, máis o curso ComDix inciación 0: Empezamos!
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.