Sectores

EGAP: Convocatoria Cursos TIC

Publicada RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Admón. xeral da C.A. de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

As actividades formativas figuran no anexo II, e deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Requisitos das persoas participantes:

Poderá participar:

  • O persoal empregado público destinado en:
    • Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Entidades públicas instrumentais.
    • Administración institucional.
    • Persoal empregado público e persoas que integran as bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.
  • Que se encontre en:
    • Situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
  • Está exceptuado:
    • Persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    • Persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
    • Persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria da Lei 17/1989.

Desenvolvemento das actividades de formación

  • Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria.
  • A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web: https://egap.xunta.gal.

Solicitudes e prazos

  • Prazo solicitudes: dende o 3 ata o 12 de abril.
  • As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo :https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización.
  • Número máximo de cursos que se poden solicitar: 3
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.