Cando parecía imposible, a negociación do XVI Convenio colectivo volve a colapsar. UGT Servizos Públicos expresa o seu malestar polo novo parón na negociación do convenio, esta vez con dous ingredientes:
• A pouca antelación coa que as patronais enviaron as súas propostas (tan só 2 horas antes). Nese senso, instamos ás patronais a que, se queren unha resposta detallada é convinte que envíen as propostas con más tempo de antelación.
• O contexto da apertura de negociación do «I Convenio de Centros e Servizos de Atención á Discapacidade» en Andalucía e a petición de explicacións ao sindicato convocante que é CCOO. Para UGT-SP, a negociación do XVI Convenio Colectivo estase alongando en exceso.
Na última reunión negociadora foi o mencionado problema do presunto convenio de Andalucía, como noutras ocasións o foron a ruptura dun preacordo que UGT apoiou, ou a aparición dun vídeo. UGT Servicios Públicos exixe equilibrio e unha liña de traballo sen sobresaltos para facilitar os acordos.
Posición de UGT Servizos Públicos ante o anuncio de constitución do I Convenio do sector en Andalucía.
UGT Servicios Públicos manifesta a súa sorpresa polo anuncio de CCOO Andalucía da «Constitución de mesa do I Convenio de Centros e Servizos de Atención á Discapacidade de Andalucía», xunto con FSIE e unha única organización patronal. UGT-SP cree que a convocatoria chega no peor momento posible, xusto ás portas dunha reunión que era clave na xa de por sí desafortunada negociación do XVI Convenio Colectivo.
UGT-SP non recoñece dita mesa de negociación e non lle outorga ningunha lexitimidade. Non se respetaron nin as formas nin o fondo. A mesa constituiuse sen convocar a todas as partes con lexitimación para negociar, e en especial á maioritaria UGT Servizos Públicos Andalucía con 323 delegados, máis de 45 delegados de diferenza coa seguinte organización e con máis do dobre que a terceira. Falta de convocatoria que de por sí cuestiona a lexitimidade da mesma. Ademais, desde UGT Servizos Públicos temos fundadas razóns para pensar que carece da representatividade necesaria tanto por parte patronal como sindical xa que, ao parecer, finalmente FSIE retirouse da mesma e a única patronal presente non reúne ela soa os requisitos necesarios.
Non existe unha convocatoria escrita, nin unha orde do día, nin nada que faga presaxiar que haxa un proxecto serio que ofrecer aos traballadores de Andalucía. Para UGT Servizos Públicos non hai nada que xustifique a apertura dunha mesa de negociación autonómica nun ámbito de negociación estatal que require de todos os esforzos para que culmine ben.
UGT-SP non vai favorecer a ruptura da negociación colectiva estatal que está garantizando a equidade interterritorial entre os traballadores do sector da discapacidade, a solidaridade entre traballadores de distintos territorios que o sindicalismo de clase garantiza, nin vai a xerar expectativas entre os/as traballadores/as da discapacidade de Andalucía que non poda cumprir. Así:
• UGT Servizos Públicos pide seriedade, rigor e amplitude de miras á totalidade de organizacións do ámbito de negociación estatal do XVI Convenio da Discapacidade para levar a termo esta negociación.
• UGT Servizos Públicos non vai apoiar propostas que tendan a dividir aos traballadores por Comunidades Autónomas porque debilita aos sindicatos fronte ás patronais.