O xoves 21 de marzo, tivo lugar a Comisión de seguimento do persoal veterinario, solicitada polas OOSS e na que se trataron as seguintes cuestións:
A modificación do RPT da Consellería de Sanidade e o concurso de traslados do persoal Veterinario.
Segundo explicou Función Pública é necesario levar a cabo a modificación da RPT da Consellería de Sanidade previamente á convocatoria do Concurso de traslados, a modificación prevista contempla tres cuestións:
- Un cambio de ámbito nos postos de Director Técnico Sanitario de Industrias, ese cambio sería pasar de “Zona” a Provincia” e afectaría a 3 postos na provincia de Lugo e 2 na provincia de Pontevedra (1 en Vigo e 1 en Porriño)
- Nos postos de Inspector Veterinario de Matadoiro a creación do posto de “Coordinador de Matadoiro”, esta modificación xurde pola necesidade de contar cun responsable de establecer as tarefas e criterios nos matadoiros con máis de 2 inspectores veterinarios. Estes postos de Coordinador pasarían de nivel 24 a nivel 25, e serían 7 postos de Saúde Pública Coordinador de Matadoiro: 2 en Coruña, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 1 en Lalín e 1 en Porriño.
- Redistribución de postos de inspección pasando de “Comarca” a “Zona” (necesaria para modular as cargas de traballo) sería de forma progresiva, amortizando prazas de comarca e creando outras con perfil de zona. Esta redistribución afectaría, en principio, a 15 prazas: 2 na provincia da Coruña, 2 en Lugo, 3 en Ourense e 8 en Pontevedra. Estas 15 prazas se cubrirían por Concurso de Méritos.
UGT e as demais OOSS votamos de menos a presentación dunha memoria xustificativa, e tamén requirimos:
- Ampliar as modificacións do Acordo de Persoal Veterinario para que se axuste máis coa realidade actual, realizando unha revisión do decreto de funcións posto que dende o ano 1991, consideramos que está obsoleto.
- En atención ao concurso de traslados a convocar débese realizar unha actualización das funcións e complementos, dos postos das Consellerías de Mar, a do Medio Rural e a de Medio Ambiente, xa que nelas hai prazas de persoal veterinario con competencias inspectoras, e o Acordo non as inclúe.
- Necesidade de homoxeneizar e definir ás “áreas”, “zonas” e “comarcas” xa que a “área” da Consellería do Medio Rural é diferente xeograficamente da “zona sanitaria” da Consellería de Sanidade.
- Necesidade de cobertura das baixas nas OACs.
- Igualar os niveis do persoal como se pretendía có Acordo de veterinarios do ano 2008 xa que aínda quedan prazas de veterinarios no LASAPAGA con nivel 20.
- Solicitamos saber o resultado da funcionarización das prazas de persoal laboral, toda vez que o proceso está rematado e logo dos procesos de estabilización da Lei 20/2021, ao respecto de funcións.
- Como van ser ofertadas as prazas aos aprobados nos dous últimos procesos selectivos (concurso-oposición e consolidación) xa que o temario, exame, en xeral o proceso selectivo foi igual e ademais os laborais fixos xa pasaron a funcionarización.
Logo das intervencións o Director Xeral da Función Pública traslada que:
- Revisarán o Decreto de funcións do persoal veterinario e que poderían matízalo de xeito similar ao que se fixo co do persoal farmacéutico de Saúde Pública e actualízalo.
- A previsión de convocatoria do concurso é o mes de maio e que as bases serán similares ás do persoal enxeñeiro, recentemente convocado.