Publicadas en DOG as Resolucións das comisións designadas para xulgar os procesos de funcionarización, polas que se fan públicos a data, a hora e o lugar das probas:
- Corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1:
- Día 16 de abril de 2024
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas
- Lugar: na aula 7 da EGAP.
- Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2:
- Día 16 de abril de 2024.
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
- Lugar: aulas 6 e 11 da EGAP.
- Corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B:
- Día 9 de abril de 2024.
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
- Lugar: nas aulas 7, 8, 11 e 12 da EGAP.
- Corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2:
- Día 23 de abril de 2024
- Lugar: EGAP
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, de acordo coa seguinte distribución:
- Aula 2
Grupo V, categoría 14 | Bombeiro/a forestal |
Grupo V, categoría 10B | Vixilante fixo defensa contra incendios forestais |
Grupo V, categoría 10C | Emisorista defensa contra incendios forestais |
Grupo IV, categoría 33 | Bombeiro/a forestal condutor motobomba |
- Aula 6:
Grupo IV, categoría 20 | Conserxe |
Grupo IV, categoría 01 | Auxiliar de gravación |
Grupo IV, categoría 32 | Operador/a codificador SPDCIF |
Grupo IV, categoría 05 | Oficial/a 2ª cociña |
Grupo IV, categoría 22 | Oficial/a 2ª reprografía |
Grupo IV, categoría 11 | Axudante de laboratorio |
- Aula 7:
Grupo IV, categoría 03 | Auxiliar de enfermaría |
Grupo IV, categoría 18 | Oficial/a de 2ª |
Grupo IV, categoría 16 | Condutor/a |
- Aula 8:
Grupo V, categoría 14A | Bombeiro/a forestal, condutor/a |
Grupo IV, categoría 06 | Axudante/a de servizos técnicos |
Grupo IV, categoría 35 | Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
Grupo IV, categoría 09 | Oficial/a 2ª agrario |
Grupo V, categoría 09 | Celador/a 2ª. Vixilante recursos naturais |
- Agrupación profesional de persoal funcionario:
- Día 23 de abril de 2024
- Lugar: EGAP
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, de acordo coa seguinte distribución:
- Aula 8.
Grupo V, categoría 02 | Axudante/a de traballos ou oficios |
Grupo V, categoría 12 | Peón/oa laborante |
- Aula 10
Grupo V, categoría 03 | Ordenanza |
Grupo V, categoría 08 | Peón/oa agrario |
- Aula 11
Grupo V, categoría 01 | Camareiro/a limpador |
Grupo V, categoría 10F | Peón/oa forestal |
Grupo V, categoría 11 | Limpador/a |
- Aula 12
Grupo V, categoría 11 | Limpador/a |
- As listaxes coa distribución de persoas aspirantes por aula estarán dispoñibles no portal web corporativo www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion
- As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul ou negra.
- Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
- Para o desenvolvemento desta proba poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.
- Considérase que se axusta ao anteriormente exposto levar os textos legais acoutados; non é necesario levar completos os textos legais sobre os que se formulou a batería de preguntas, sempre que eses textos non leven comentarios nin ningunha outra alteración ou modificación. Os textos legais poden estar subliñados sempre que non leven ningún tipo de anotación.
- Está permitido que os textos legais leven unha marca de auga ou un logo indicativo da entidade que os elaborou, sempre e cando cumpran as restantes condicións anteriormente indicadas.
- Durante a realización da proba non está permitido o uso da batería de preguntas publicada na páxina web.