Sectores

Reunión Comision Seguimento Estatal dos Procesos de Estabilización

Os asuntos tratados na Comisión a nivel estatal foron:

•Datos referidos ao estado dos procesos de estabilización en curso.

•Incidencia da sentenza do TJUE do 22 de febreiro.

•Iniciativas a adoptar para o presente e o futuro inmediato que contribúan a reforzar as medidas disuasorias para evitar a xeración de temporalidade.

En canto aos datos dos procesos de estabilización do emprego público temporal (2017-2022) o total de prazas convocadas e o total de prazas cubertas supera con creces as estimacións iniciais. Non obstante, ao fixarse a data de finalización destes procesos no 31 de decembro de 2024, cómpre continuar co esforzo e actividade desenvolvida, para reducir a temporalidade ata os limiares do 8%.

En relación á Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 22 de febreiro de 2024 reiterase na nula incidencia sobre a Lei 20/2021 e os procesos de estabilización en curso, tendo efectos moi limitados sobre o persoal laboral indefinido non fixo, xa que non contén ningún mandato directo e deixa a súa solución definitiva ao ámbito do Estado español.

En relación ás iniciativas que se deben adoptar para o presente e o futuro inmediato, a Comisión establece unha serie de cuestións que poden resumirse do seguinte xeito:

•Desenvolver protocolos de prevención dirixidos ao control da interinidade no emprego público, en desenvolvemento das modificacións normativas (de persoal funcionario, estatutario, docente e laboral) propias de cada sector, que regulan os nomeamentos e contratacións temporais.

•Impulsar a imprescindible coordinación de todas as Administracións Públicas presentes na Comisión de Coordinación de Emprego Público, que garanta o normal desenvolvemento dos procesos de estabilización e control da temporalidade.

•Harmonizar os esforzos entre as distintas Administracións Públicas, así como coa Avogacía do Estado, os órganos xurídicos das distintas Administracións, o Tribunal Supremo e a Comisión Europea (que, ata a data, avalou todas as iniciativas acordadas e aprobadas na materia) para dar un tratamento conxunto e homoxéneo ao normal desenvolvemento dos procesos de estabilización.

En definitiva, medidas que poñan de manifesto a importancia e responsabilidade de todas as Administracións Públicas na aplicación, por unha banda, das medidas disuasorias que impidan a temporalidade, e por outra, en todos os procesos de estabilización para a eliminación da temporalidade. E obviamente, a espera do que decida o Tribunal Supremo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.