O Sindicato de Ensino da UGT propuxo, a comezos do século XX, un modelo educativo, truncado pola Guerra Civil e a Ditadura, que hoxe está máis vixente que nunca.
Non obstante, hai que destacar diferenzas substanciais entre ambos momentos. A comezos do século XX, España inicia tímidamente o camiño cara á modernización e o ensino obrigatorio aínda non se instituira, e moito menos unha rede pública de centros, e o profesorado padecía unha mínima formación homoxénea.
Os retos aos que se enfronta a institución educativa do século XXI non poden ser máis diferentes e a formación do profesorado universitario, afortunadamente, consolídase.
É neste contexto no que adquire un novo sentido a proposta de modelo de Corpo Único que defende a UGT, que debe partir dunha premisa inicial: a incorporación de todos os corpos docentes ao subgrupo A1 cunha revisión dos complementos de destino en recoñecemento, polo menos, os niveis 24 de infantil e primaria, 26 para secundaria e 27 para catedráticos e inspectores. A nosa proposta baséase na mesma esixencia de titulación, procedemento de ingreso e responsabilidades similares.