Convocase para realizar as probas físicas Field test e Pack test e de agudeza visual ás seguintes categorías:
- Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais (grupo I, categoría 38).
- Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais (grupo II, categoría 039).
- Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (grupo III, categoría 100).
- Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba (grupo IV, categoría 033).
- Bombeiro/a forestal condutor (grupo V, categoría 14A).
- Bombeiro/a forestal (grupo V, categoría 14).
- Vixilante fixo/a (grupo V, categoría 10B).
As probas físicas e de agudeza visual realizaranse en chamamento único nas seguintes datas e lugar:
Pack test:
- Días 11, 12 e 13 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/
- LISTAXE
- Lugar: estadio municipal Vero Boquete.
- Enderezo: avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Field test:
- Días 18, 19, 20, 21 e 22 de marzo de 2024. O día e horario concreto publicarase na páxina web da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.gal/
- LISTAXE
- Lugar: estadio municipal Vero Boquete
- Enderezo: avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Probas de agudeza visual:
- Días 6 e 7 de marzo de 2024, segundo a seguinte táboa:
Día e hora | Apelido 1 | Apelido 2 | Nome | |
6.3.2024 9.00 | Desde | Abilleira | Martínez | María Elisa |
Ata | Gutiérrez | López | Diego | |
7.3.2024 9.00 | Desde | Gutiérrez | Paez | Francisco |
Ata | Villapún | Carballo | María del Mar |
- Lugar: Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL).
- Enderezo: lugar de Moreiras, s/n, Toén, Ourense
- LISTAXE
Dado que a vixencia das probas é anual, están obrigados a realizar estas probas todos os aspirantes convocados en chamamento único ás probas de Field test e proba visual.
As persoas aspirantes:
- Acudirán á realización da proba provistos do DNI.
Si vas a realizar o Pack test ou o Field test debes:
- Remitir no prazo de 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde
- asinado por un colexiado en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.
- O certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente.
- O certificado debes dirixilo
- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, (formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A)
- á Sección de Persoal da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente segundo a táboa seguinte:
Xefatura Territorial | Apelido 1 | Apelido 2 | Nome | |
A Coruña | Desde | Abad | Piñeiro | Pablo |
Ata | Eiras | Lueiro | Leandro | |
Lugo | Desde | Eiras | Otero | Alfredo |
Ata | Liste | Recarey | José Daniel | |
Ourense | Desde | Liz | Fernández | Óscar |
Ata | Puente | Vilas | José Antonio | |
Pontevedra | Desde | Puentes | Fernández | Héctor |
Ata | Zas | Rodríguez | Diego |
As persoas que foron convocados o pasado día 20 de febreiro á proba física derivada do proceso selectivo teñen que facer novamente a proba física. Non obstante están exentas de presentar o certificado médico, toda vez que ese certificado esta en poder da administración e conta con validez.
LISTAXE DE PERSOAS EXENTAS DE PRESENTAR O CERTIFICADO MÉDICO