UGT-Servicios Públicos reuniuse o pasado 1 de febreiro de 2024, coa Secretaria de Estado de Función Pública do Goberno de España para aplicar e facer efectiva, a terceira subida retributiva complementaria do 0,5% das retribucións vinculadas ao PIB de 2023 que incluía o Acordo para unha Administración do Século XXI.
Unha vez reunida a Secretaria de Estado de Función Pública cos sindicatos asinantes do Acordo para unha Administración do Século XXI (UGT e CCOO), procederase a transformar o Acordo da Comisión de Seguimento nun Acordo do Consello de Ministros (en principio validarase o próximo martes 6 de febreiro).
O Acordo do Consello de Ministros, publicarase no BOE nos días posteriores (probablemente o día seguinte-7 de febreiro), e se emitira resolución ao efecto da Secretaría de Estado de Función Pública.
Unha vez completados os dous trámites anteriores, xa se poderá realizar o abono xa que é unha medida contemplada nos Presupostos Xerais do Estado, e de conformidade co regulado no punto 3º da disposición adicional oitava da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a consellaría competente en materia de facenda levará a cabo as xestións necesarias para facer efectivos os aumentos retributivos, no seu límite máximo, habilitados pola normativa básica estatal como máximo no mes seguinte, que se contará desde a publicación no BOE que faculte para implantalos.
UGT-Servicios Públicos considera necesario que, coñecendo estas circunstancias, que a liquidación destes haberes se realice coa maior celeridade posible, e remitiu escrito a Consellería de Facenda e Administración Pública para que no menor tempo posible proceda o abono deste tercer incremento salarial adicional do 0,5%.
Con este incremento salarial adicional do 0,5% , o incremento salarial do Acordo estatal asinado por UGT, totaliza en 2023 o 3,5%, ao que temos que engadir o Acordo asinado en galicia por UGT, para restituir o complemento salarial de carreira cercenado por un desatino sindical sen precedentes.