Proposta de resolución polas que se convocan os procesos selectivos seguintes:
- Acceso Libre e PI, polo sistema de oposición:
- Veterinarios/as
- Acceso Libre e PI, polo sistema de concurso-oposición:
- Veterinarios/as
- Acceso Libre e PI:
- Biólogos/as
- Escala Superior de Finanzas
- Médicos/as
- Inspección Turística
- Enfermería
- Educador/a Social
- Subinspección urbanística
- Escala Técnica de Finanzas
- Educador/a Infantil
- Persoal de Servizos Xerais (PSX)
- Auxiliar de Laboratorio
- AP (Discapacidade Intelectual)
Cambios nas bases, anunciados polo Director Xeral:
- Nos procesos de promoción interna permítese a participación do persoal laboral fixo do grupo inmediatamente anterior (PI Vertical), así como do persoal funcionario tanto da administración xeral como especial.
- Actualízanse as bases no relativo á devolución de taxas, para adaptalas á normativa vixente, en concreto engádese que o aspirante que o desexe e que participe en dous procesos selectivos da mesma escala, poderá solicitar a renuncia a participar no segundo proceso e a devolución da taxa do segundo dos procesos no que estea admitido, en todo caso antes de que realice ningún dos exercicios dese segundo proceso.
- Os procesos non se realizarán antes dos 9 meses dende a publicación da convocatoria, excepto os de Finanzas que o farán non antes dos 4 meses.
- Nos procesos de persoal veterinario elimínase a simultaneidade de realización dos procesos de libre e o de concurso-oposición.
- Nos procesos de Finanzas:
- O proceso selectivo constará de fase de oposición e de superación de curso selectivo eliminatorio de 100hs lectivas que se realizará na EGAP, aquelas persoas que non superen o curso poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior coa puntuación asignada ao último dos participantes. A resolución das prácticas establecerase nun momento posterior e parte do curso poderá consistir en realización de prácticas no centro de traballo.
- Conservase, tanto para A1 como para A2 de Finanzas, os exames aprobados no proceso inmediatamente anterior.
- En Finanzas A2:
- Redúcese o temario para a PI na Parte I que serán 29 temas fronte aos 50 iniciais.
- No temario da parte II, modifícanse os temas 27, 38 e 39
- En Finanzas A1:
- Nas prazas de PI modifícanse os temas: 15, 91 e 93
- No acceso libre elimínanse os temas: 30 e 31 da parte de dereito mercantil, o tema 15 da parte de dereito administrativo e modifícanse os temas: 81 e 83 da parte de dereito tributario.
Sentido do voto de UGT:
Voto en contra (salvo AP / Subalterno/a Discapacidade Intelectual)*
UGT ratifica a súa posición contraria, defendida en xuntanzas previas, ao respecto do sistema de acceso proposto de oposición libre e ao modelo de promoción interna proposto pola Dirección Xeral da Función Pública. Entendemos que o contexto derivado da aplicación efectiva da Lei 20/2021 fai necesario un período de adaptación ou transición, onde o concurso-oposición siga sendo a modalidade de acceso preferente.
Urxiamos en reunións previas a necesidade de saber a intención da Administración ao respecto dunha OPE extraordinaria en aplicación do artigo 217 do RDLei 5/2023, ou ben á previsión que contén a Disposición adicional da ope de estabilización da Lei 20 ao respecto da ampliación do 10% de prazas nos procesos.
Nas opes que hoxe se traen á Comisión de Persoal, nas que posiblemente exista un déficit de prazas en determinadas escalas que debería ser tido en conta, e polo tanto non consideramos acaído a súa oferta mediante o proceso de acceso libre.
Proceso de persoal veterinario:
- En Mesa Sectorial solicitamos unha serie de cambios que non se tomaron en consideración:
- Valoramos positivamente a non concorrencia dos dous procesos nun único día.
- Entendemos que a oferta das 38 prazas por concurso-oposición non resolve a problemática xerada por opes anteriores.
- Solicitabamos que o proceso de C/O sumase as 63 prazas dos anos 21 e 22, cunha fase de valoración de méritos do 30%, incluíndo puntuación por probas anteriores superadas.
Con carácter xeral para todos os procesos, consideramos que:
- Estamos en contra da valoración diferenciada cando se separa unha proba en dous exercicios.
- Que a nota de corte se aplique co mesmo criterio para todos os procesos, incluídos os de Finanzas.
- Para os procesos de Finanzas non compartimos a proba oral.
- Requirimos a supresión do desenvolvemento de tema(s), e substituílo pola realización de suposto ou supostos prácticos con pregunta(s) de desenvolvemento curto.
- Esiximos temarios con referencias bibliográficas.
Convocatoria de discapacidade (*) A favor
UGT é coñecedora de que os contidos das bases foron previamente tratados coas organizacións do ámbito da discapacidade polo que se adhire ao documento final de conformidade proposto.
MESA SECTORIAL DE FUNCIONARIOS PÚBLICOS
Acceso Promoción Interna
- Sistemas e Tecnoloxía da Información
- Escala de xestión de Sistemas de informática (A2)
- Escala Superior de Finanzas
- Inspectores/as de Consumo
- Enxeñería Agronómica
- Enxeñería Industrial
- Enxeñería de Minas
- Enxeñería de Montes
- Enxeñería Técnica Agrícola
- Enxeñería Técnica de Obras
- Enxeñería Técnica Forestal
Consideracións de UGT:
Ao respecto da Promoción Interna a nosa proposta implica a participación da EGAP coa oferta ás persoas participantes nos procesos de promoción dun curso formativo coa súa correspondente avaliación final (apto/a ou non apto/a). Asumindo a dificultade neste intre fundamentalmente pola falla de estrutura por parte da EGAP, propoñemos a reactivación da plataforma formativa da EGAP coa finalidade de servir de ferramenta de preparación das probas, que en todo caso deberían seguir o modelo xa verificado de forma satisfactoria nos procesos de funcionarización, é dicir con baterías de preguntas.
ROGOS E PREGUNTAS:
Información facilitada pola Dirección Xeral:
- O mércores 24 de xaneiro publicase a resolución da apertura do prazo para a acreditación de méritos dos procesos da Lei 20/2021, polo sistema de concurso de méritos para os subgrupos A1 e A2. O prazo será de 10 días hábiles. Deberán presentar os participantes a documentación que non figure no FIDES. Enviarán o luns a resolución para que a revisen as OOSS, e si se detectase algunha cuestión a mellorar. En semanas sucesivas iranse abrindo os seguintes subgrupos.
- Na semana do 22-27 enviaranse os buzóns de postos de elección de destino de A1 Agrónomos e A2 Técnicos Agrícolas, co fin de publicar a elección de destino. O criterio sobre as eleccións de destino é de resolución conxunta onde primeiramente elixiran A1 e en segundo lugar A2, como hai varios procesos elixirase pola antigüidade da oferta e no caso de que a oferta sexa do mesmo ano, estabilización e libre, primeiro elixirá estabilización e logo libre, neste caso todos os que aproban pola quenda de promoción interna quédanse na súa praza porque esta aberta.
- Semana do 22-27 se remitirá o buzón de prazas de elección de destino do Servizo de Gardacostas.
- Seguen traballando para poder publicar todos os procesos de concurso.
- A pregunta de UGT sobre a integración e RPT do CGSIB, responde que estase traballando nela, hoxe na convocatoria da comisión de seguimento informouse que se crean 33 prazas máis a raíz da aprobación do Acordo de Política Social, o que levou a inclusión no cadro actual de persoal. A RPT informa que está avanzada e que están coas adaptacións correspondentes dos niveis. Na integración falta por completar documentación.
- A pregunta de UGT pola interpretación de días de natureza análoga aos de asuntos particulares, dos días 24 e 31 e como total de aplicación a todo o persoal empregado público, responde que o traerá a Comisión de persoal do mércores día 24 e que probablemente leve consigo unha modificación das instrucións de permisos, vacacións e licenzas.