Sectores

Listas de Contratación. Publicación listas definitivas: Medicina, Enfermería, Auxiliar de Clínica

Publicada hoxe en DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I á resolución.

CONSULTA DAS LISTAS

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

  • ou no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012

INFORMACIÓN QUE INCLÚEN AS LISTAS:

  • Solicitantes admitidos/as na lista, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
  • Solicitantes excluídos/as, con expresión da causa de exclusión.

ENTRADA EN VIGOR:

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE TAXAS:

Si fuches excluído/a dispós do prazo dun mes, a partir do día 19 de xaneiro, para solicitar a devolución de taxas.

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

GrupoCorpo/escalaDenominación
A1208FEscala de facultativos. Especialidade medicina
A2208AEscala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría
C220A3Escala de auxiliares de clínica
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.