Sectores

Funcionarización: Publicación en DOG Resolucións de convocatorias de categorías dos grupos I, II, III, IV e V

Podes acceder ás publicacións a través dos seguintes enlaces:

  • Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
  • Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.
  • O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de 20 días hábiles, e iniciarase o día 15 de xaneiro de 2024.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.