Sectores

Bases Procesos Selectivos: A1 ES Finanzas, A2 ET Finanzas, Subalterno/a (DI), A1 Biólogos/as, A1 Facultativos/as (Medicina), Veterinarios/as, A2 Enfermería e Educador/a Social e A2 Subisnspección Urbanística

A Dirección Xeral da Función Pública remítenos para alegacións ata o 8 de xaneiro ás 15:00 horas  as bases das seguintes convocatorias:

Proposta de bases do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Oferta de emprego público do exercicio 2021:9 prazas das que 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

Oferta de emprego público do exercicio 2023:8 prazas das que 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

5 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.

Proposta de bases do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 10 prazas.

Oferta de emprego público do exercicio 2023: 8 prazas das que 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

5 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 9 prazas de acceso libre para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno.

Oferta de emprego público do exercicio 2022: 10 prazas de acceso libre para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno.

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 14 prazas das que 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

4 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 4 prazas.

Oferta de emprego público do exercicio 2022: 15 prazas das que 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

Oferta de emprego público do exercicio 2023: 10 prazas das que 1 está

reservada á quenda de persoas con discapacidade.

8 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 38 prazas, das que 5 están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

Oferta de emprego público do exercicio 2022: 25 prazas das que 4 están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

Oferta de emprego público do exercicio 2023: 30 prazas das que 4 estánreservadas á quenda de persoas con discapacidade.

24 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna.

.

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidades de enfermaría e educador social.

Especialidade de enfermaría (OEP 2021: 12, OEP 2022:15, OEP 2023: 15)

27 Acceso libre 4 discapacidade 11 promoción interna

Especialidade de educador social (OEP 2021: 13, OEP 2023: 8)

14 Acceso libre 1 discapacidade 6 promoción interna

Proposta de bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

Oferta de emprego público do exercicio 2021: 2 prazas.

1 praza para seren cuberta pola quenda de promoción interna

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.