ABRIRASE EN XANEIRO UN NOVO PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PERSOAL QUE NON CUMPRÍA REQUISITOS NAS CONVOCATORIAS DE 2019 E 2022
CARREIRA VOTO A FAVOR: CSIF CCOO UGT EN CONTRA CIG
DESEMPEÑO VOTO A FAVOR: CCOO E UGT EN CONTRA CSIF E CIG
Valoración de UGT: universaliza o complemento voluntario de carreira e desempeño, e preto de 6.000 empregados e empregadas públicas que reúnen requisitos, poderán acceder o grao I e ao grao II, con igual regulación para carreira e desempeño. Os efectos económicos serán do 1 de xaneiro de 2024 e as contías serán dun 33% en 2024,66% en 2025 e 100% en 2026, UGT seguiremos insistindo en aumentar as porcentaxes, e UGT reitera:
O recoñecemento dende 2019 é unha dialéctica falaz e inútil xa que lamentablemente é irreparable a anulación do dereito por unha sentenza motivada por un dos maiores erros sindicais.
- Que se regule o grado IIII extraordinario a convocar en 2024, acordado con este sindicato.
- Que se regule o modelo ordinario de carreira aberto e permanente acordado con este sindicato, para consolidar o que está aplicado e que quede regulado permitindo chegar o grado IV e que se poidan incorporar de xeito continuo ao persoal que reúna os requisitos en cada un dos grados correspondentes.
RPT POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE: CREACIÓN DE PRAZAS E REVISÓN NIVEIS DIRECCIÓNS E PERSOAL MÉDICO
VOTO A FAVOR: UGT, CIG, CCOO, CSIF
Valoración de UGT: cómprese co Acordo coa creación dun mínimo de 129 prazas e a transformación en tempo completo de 139 prazas, e compromiso de revisar carteleiras e completar a creación necesaria para cumprir coa xornada pactada.
Revísanse niveis e asúmese o compromiso de seguir revisando as RPT en materia de niveis que non supoñen incremento de custos de persoal.
UGT reitera que temos pendente de executar as revisións de niveis acordada o 21 de xuño de 2021 en Comisión de Persoal con motivos das RPT de funcionarización (subalternos, menores, TCAES; subdireccións e coordinacións de enfermaría…..).