CARTELEIRAS
- Creación de 129 postos, sen prexuízo de crear máis en xaneiro como resultado da análise que se realice da carteleiras. Pasan 139 postos a xornada completa, pasan todos aqueles que presten a súa conformidade.
- Falta que nos remitan o aumento de persoal do Consorcio, probablemente envíen venres 22.
- As presencias se respectan, con algunha mínima variación a máis ou menos puntual, serán axustes que se analizarán na subcomisión.
- A partir do 8 de xaneiro comeza a negociación en Xefaturas Territoriais e se aplican a partir do 1 de febreiro.
- As incidencias que xurdan elevaranse á Subcomisión de carteleiras e as que cumpran co Acordo asinaranse nas Xefaturas.
- Reiteran que compren os criterios do Acordo de 2 noites consecutivas como máximo, 5 días consecutivos como máximo e 60% dos fins de semana, cuestión que indica é excepcional.
CONVERSIÓN DE PRAZAS A XORNADA COMPLETA
- Conversión de carácter voluntario, ofértase e faise addenda no contrato de ser aceptada.
- Entran en vigor o 1 de febreiro coas novas carteleiras.
- O persoal de fin de semana laboral fixo que rexeite, continua igual e cando quede vacante a praza pasará a xornada completa.
UGT manifesta que:
- Os incrementos de persoal son de mínimos e que esperan a ver as carteleiras para valorar as necesidades que poideran xurdir.
- Que falta por convertir prazas de xornada parcial pendentes do resultado da subcomisión que estude a intersustitución ou itenerancia (exemplo: residencias de tempo libre).
- Ao respecto dos niveis, estando a favor dos propostos, segue a faltar o desenvolvemto dos compromisos acadadados con UGT o 21 e xuño do 2021 e que non supoñían incremento de coste, como o persoal subalterno e outros supostos, así como o tratamento diferenciado do persoal de menores, coordinacións de enfermería e subdireccións.