Sectores

INFANTIL ESTÁ EN LOITA

As traballadoras de Infantil de 0-3 anos saíron outra vez á rúa, con un elevado seguimento, a reclamar salarios e dereitos dignos. Dignidade que precisa o sector con recoñecemento social, dignidade que precisan as súas traballadoras con salarios acordes coa súa responsabilidade e dignidade para mellorar en dereitos.

As 14 mesas de negociación non respectaron esa dignidade, propoñendo incluso recortes como modificar o complemento en incapacidade temporal ou recortes en salarios respecto a ofertas xa feitas fai máis dun ano.

As patronais, e as súas loitas internas, están xordas e cegas ás mobilizacións. Non escoitan os berros, non ven os problemas. Pois tarde ou cedo terán que velos.

Sector feminizado, sector precarizado, sector mal remunerado, sector non dignificado.

A UGT seguirá loitando na rúa e nas mesas de negociación para que o sector de infantil 0- 3 anos avance.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.