Sectores

Borradores das bases de diferentes procesos selectivos

A Dirección Xeral da Función Pública fainos chegar   a seguinte documentación de propostas de bases de diferentes procesos selectivos.

Hai un período de alegacións ata o vindeiro martes 19 de decembro ás 13.00 horas

Resolución… pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de xerocultor/a.

Resolución… pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX).

Resolución… pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio.

Resolución… pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

Resolución… pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2023, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.