Sectores

POR UN CONVENIO DIGNO EN INFANTIL 0-3

As traballadoras das escolas infantís, UGT e outras organizacións sindicais manifestáronse onte en Vigo, A Coruña e Santiago na defensa dos dereitos laborais, sociais e salariais das profesionais dos centros privados e de xestión indirecta.

Centos de persoas denunciaron, nas principais cidades galegas, o inmobilismo das patronais na negociación do Convenio Colectivo. As manifestacións súmanse a outras iniciativas que se iniciaron a comenzos de 2022 e que continuarán ao longo do mes de decembro. Así, o vindeiro sábado 16, haberá uha gran manifestación nacional en Santiago de Compostela, ás 11,30 horas. O 18 de decembro haberá concentracións de protesta nas escolas e mobilizacións nas redes sociais. Para o martes 19 convócase unha xornada de folga.


UGT denuncia a urxencia de que se tomen medidas para asegurar unha situación laboral digna e xusta para todas as profesionais do sector das escolas infantís. As patronais deben reconsiderar a súa postura e negociar de forma construtiva un convenio digno e salarios xustos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.