OPE ORDINARIA LEI 17:
Sen cambios na documentación que foi á Mesa Xeral, a OPE conta con 19 prazas, das que 2 son reservadas para a quenda de discapacidade.
UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: abstención
Sentido do voto de UGT:
Valorase que a Consellería remitira información detallada aínda que cun curto espazo de tempo para a negociación. Manifestamos dende o primeiro momento que, estando en contra da aplicación da taxa de reposición, considerábamos que a porcentaxe aplicada non era a correcta, debendo ir ao 120%, de conformidade co regulado no artigo 20. Dous da Lei 31/2022, do 23 de decembro, por considerarse sector prioritario aos efectos de aplicación de taxa, como así sucede noutros territorios do Estado. Non o entendeu así a Consellería, e tampouco aplicou o redondeo dos decimais en beneficio de incrementar unha praza máis.
Sigue pendente unha RPT que cree emprego e valore adecuadamente os postos de traballo deste persoal.
ROGOS E PREGUNTAS:
Información facilitada pola Dirección Xeral:
- Publicase no DOG do día 12 a corrección de erros, no sentido solicitado por esta organización conxuntamente con CCOO ao respecto de abrir a posibilidade de promoción interna aos grupos de laborais IV e V nas convocatorias dos procesos de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de delineantes e de axentes técnicos de xestión ambiental, grupo B, nas escalas técnicas de mantemento de servizos, análise de laboratorio e de recursos naturais e forestais, especialidade de capataz, subgrupo C1, e na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, e escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e bibliotecas, subgrupo C2, de Administración especial.
- Nos vindeiros días remitirán as prazas das escalas de enxeñería agronómica e técnica agrícola, dos procesos de estabilización e libre. O criterio utilizado para a selección das prazas son: ofertar as prazas ocupadas polas persoas interinas que aprobaron e as vacantes. Consideran que con estes criterios son prazas suficientes para a elección de destino. Sobre o resto das enxeñerías, informa que están pendentes das implicacións que podan ter estás dúas, no resultado da elección de destino.
- Están traballando na modificación da RPT da Consellería de Política Social e Xuventude para incluír as 141 prazas (das 145) que pasan a xornada completa, negociación que terá lugar antes de rematar o ano.
- Integración do CGSIB: están pendentes da emisión do informe da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Facenda, unha vez o teñan, que estiman non debera tardar, convocarase a Comisión de integración.
- RPTs de funcionarización que faltan por negociar: comunican que están listas para remitir á negociación as correspondentes aos grupos I, II e V e que quedarían as dos grupos III e IV por rematar.