Sectores

Comisión Seguimento do acordo condicións de traballo do persoal de centros de xestión propia de Política Social

Hoxe tivo lugar a constitución da Comisión de seguimento, de conformidade coa cláusula 9ª do Acordo, na que se trataron as seguintes cuestións:

Informan que no día de hoxe remitirán a listaxe das prazas (145) de xornada inferior á ordinaria e que se transforman en xornada completa. (listaxe).

Proponse a constitución da Comisión de seguimento, composta por 2 persoas titulares por cada organización sindical asinante en idéntico número por parte da Administración. De conformidade coas materias previstas na dita cláusula, propoñen a seguinte distribución de funcións da Comisión e Subcomisións Técnicas:

COMISIÓN DE SEGUIMENTOSUBCOMISIÓNS TÉCNICAS
a)        O estudio das carteleiras cargas e presencias do persoal dos centros de traballo similares cando se produza unha descompensación entre elas coa finalidade de facer propostas e establecer criterios para que as mesmas sexan homoxéneas e equilibradas. Abordarase a táboa de xornada anual que resulte de aplicación  da redución da    cláusula terceira e sexta para determinar  a prestación efectiva de servizos en cómputo anual  do persoal con quendas nocturnasc)         A definición da obrigatoriedade da prestación de servizos por “necesidades do servizo” e intersubtitucións coa finalidade de facer unha proposta de regulación das súas consecuencias así como do pagamento das compensacións que sexan oportunas. Unha vez definidas as mesmas establecerase a compensación que poderá ser económica, en tempo de descanso ou en ambas as dúas.
b)        A prestación efectiva de servizos en cómputo anual do persoal con quendas nocturnas trala aplicación nas distintas carteleiras das modificacións do presente acordo, coa finalidade de propoñer un sistema de descanso e/ou retribucións máis homoxéneo entre os distintos grupos profesionaise)        Estudio das causas de absentismo coa finalidade de propoñer medidas que posibiliten a súa rebaixa efectiva en beneficio da prestación do servizo público. Propoñeranse as medidas que eviten a sobrecarga de traballo no funcionamento dos centros como consecuencia da determinación das adaptacións dos postos de traballo.
d)        Estudio daquelas quendas excepcionais superiores a cinco días ou a dúas noites consecutivas coa finalidade de ver cales son as causas e propoñer medidas de cara a súa eliminación.f)          Estudio e proposta dun protocolo e plan de actuación fronte aos ataques físicos ou verbais que poidan sufrir os empregados no desenvolvemento do seu traballo. As partes se comprometen a que o dito protocolo entre en vigor o 1 de xaneiro de 2024.
 g)        Estudio e determinación para a proposta do uso do comedor, en todos aqueles centros que teñan comedor xestionado directamente pola administración, por parte do persoal dos centros da Consellería de Política Social e Xuventude a cambio dunha contraprestación económica por parte do usuario.

Proponse, por parte da DXFP, que para o apartado f), do protocolo, participe representación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Acéptase pola parte sindical.

Consideran que tanto os apartados f) como g), esgotarán a súa función no memento en que rematen as negociacións de ditos apartados, e que no caso do protocolo e plan de actuación fronte aos ataques enténdese que debe constituírse unha comisión propia do mesmo.

CARTELEIRAS:

Informan de que as direccións dos centros están traballando nelas, atendendo aos requirimentos que determina o Acordo, a idea da que parten é que a partir da próxima semana comecen a ter lugar as reunións nas Xefaturas Territoriais, o procedemento será o mesmo que o viña sendo habitual, alí onde existan discrepancias serán sometidas á interpretación da Comisión.

CRITERIOS:

  • Prazas a crear:
    • 73 derivan da conversión de 145 de xornada parcial a tempo completo e máis de 100 a maiores para aplicar 3N en 2024.
  • Desconto do traballo nocturno:
    • Reducir  as 3 horas por noite traballada xa en 2024.
  • Xornadas:
    • Non máis de 5 quendas seguidas
    • Non máis de 2 noites consecutivas.
    • Non máis do 60% de fins de semana traballados anuais.
  • Mantemento das presencias actuais.

VARIOS:

  • Abono de festivos:
    • Na nómina de decembro recibiranse os atrasos dende xaneiro ata outubro, en CGSIB ata novembro, incluídos, a partir de aí normalizarase o abono regular.
  • As persoas que non teñen contrato en vigor, poden darse dúas circunstancias:
    • Que cambiasen de Consellería: será de oficio, este mes ou o seguinte.
    • Que non estean na Administración (persoal temporal ou xubilado): formula dúbidas por motivos de aseguranza da conta bancaria, analizarán como resolver.
  • Compensación dos días 24 e 31:
    • Aplícase en 2023 a compensación de festivo especial establecida no Acordo.
    • 2 APs adicionais (8 en lugar de 6), con carácter xeral para todo o persoal, por caer en domingo ambos días.
    • A maiores aquelas persoas que os traballen terán a compensación que determina o Acordo, en tempo e económica.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.