Na nómina do mes de decembro percibiranse os incrementos por domingos e festivos de xaneiro a outubro de 2023.Un avance histórico que reduce xornada laboral e incorpora dereitos económicos e días de descanso, garantías e o compromiso de seguir avanzando, que se suman aos incrementos salariais acordados a nivel estatal, á última paga de atrasos na nómina de novembro, e coa Xunta co complemento de carreira.
AS COUSAS COMO SON
Na liña que UGT ven defendendo de RECUPERACIÓN DE DEREITOS, SALARIO E EMPREGO cos antecedentes de Acordos de incrementos retributivos de carácter xeral, incremento de retribucións en carreira, IT ao 100%, procesos de estabilidade con convocatorias de concursos de traslados, garantías de salario e condicións laborais coa funcionarización voluntaria…), asumimos o compromiso de acadar melloras nas condicións de traballo e compensacións para o persoal da Consellería de Política Social e Xuventude.
UGT anuncia que acada un Acordo que regula NOVOS DEREITOS e NOVOS INCREMENTOS SALARIAIS, establece GARANTIAS e compromiso de SEGUIR AVANZANDO noutras materias con MEDIDAS REAIS E CONCRETAS, non malos contos… AS COUSAS COMO SON.
Aprobado con voto a favor de UGT e CCOO, e sen votos en contra na Comisión de Persoal e co voto favorable diferido primeiro de CIG e máis tarde de CSIF e asinado o 5 de decembro de 2023 polas catro organizacións sindicais
Texto do Acordo asinado hoxe
Preme aqui para atopar o Enlace á nova da web da Xunta de Galicia
INFORMA-T