ORDE do 21 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).
As solicitudes do concurso de traslados específico de orientación (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013A). Tamén poderá cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt.
O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, mediante o procedemento normalizado ED013A, será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.
Documentación: Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante teranse cumprido ou teranse recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, agás o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán en 31 de agosto de 2024.
Participación simultánea no CXT: O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.