Onte tiveron lugar ambas reunións onde se trataron as seguintes cuestións:
Concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
En Mesa Sectorial o DXFP expón os 3 cambios nas bases dende a mesa previa do venres:
- Non limitación ao tempo da formación.
- Non valoración en traballo desenvolvido do tempo de prestación en comisión de servizo, nin o tempo en adscrición por superior categoría.
A pregunta sobre a base que fai referencia á valoración do tempo en postos desempeñados con experiencia similar, responde que o determinará a comisión de valoración.
En Comisión de Persoal anuncia cambio no documento, logo do debate da Mesa Sectorial de persoal funcionario:
- Na base I, as persoas obrigadas a participar que se encontran adscritos por motivo de saúde ou rehabilitación que non obteñan posto seralles asignado un posto vacante de conformidade co regulado no artigo 38.3 (Requisitos, duración e obriga de concursar) do Decreto 151/2022, de mobilidade:
O persoal funcionario de carreira que se encontre á disposición do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo está obrigado a participar nos concursos ordinarios de provisión que se convoquen para postos adecuados ao seu corpo ou escala e solicitar todos os postos situados en localidades que se atopen a unha distancia de ata 30 quilómetros respecto da localidade do último posto que ocupou con carácter definitivoou, á súa elección, todos os postos situados nalgunha das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. O incumprimento destas obrigas determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular.
Informan que se publicará a semana que ven e o prazo de solicitudes abranguerá dende o día 11 ao 22 de decembro
UGT: a favor. CIG: a favor. CCOO: a favor. CSIF: a favor
Sentido do voto de UGT:
UGT manifestou nas reunións previas que esta organización tiña un par de liñas vermellas sobre as que modulabamos o apoio a estas bases: a primeira sobre a base de traballo desenvolvido, na que considerabamos que non se debía valorar o tempo de servizo prestado en comisión de servizo. As comisións de servizo non son concedidas baseándose en criterios obxectivos, e polo tanto discrecionais na súa adxudicación. No documento anterior ao de hoxe, entendemos que como medida de aproximación ao reclamado, puntuábase de xeito proporcional (75%), medida que xa dixemos en mesa previa que non a podíamos aceptar, atendendo a que seguían a ser valoradas. Como contrapartida ofrecemos negociar a súa regulación cara a obxectividade e claridade do seu proceso de asignación e dicir partir dun novo escenario. No documento que hoxe se aproba é retirada a valoración.
Unha segunda cuestión é a da formación, o feito de topar a formación en escalas que levan anos sen ter concurso de traslados, non parece nin xusto nin proporcionado. Tamén foi retirado o tope á formación.
Resolución da convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da escala de axentes técnicos medioambientais.
O exposto no anterior punto sobre as modificacións do borrador anterior afecta de igual maneira neste punto. A maiores informa sobre a retirada das prazas do buzón do persoal das 3 oportunidades e daquelas ocupadas por persoas non integradas por carecer da titulación.
Sobre os méritos a valorar, entre eles o PER, comenta que a valoración debe ser sobre aquelas cuestións que constan na actual RPT, como mérito, o concurso non pode non ter en consideración algo que a propia RPT si contempla.
UGT: a favor. CIG: abstención. CCOO: a favor. CSIF: a favor
Sentido do voto de UGT:
UGT argumenta o voto nas mesmas razóns que no punto anterior, a recollida das alegacións que se consideraban como liñas vermellas: que o tempo de servizo prestado en comisión de servizo o sexa desde o destino de orixe, e a desaparición do tope de anos para a valoración da formación.
UGT formulou que tendo en consideración que no mes de xuño solicitaramos á DXFP que logo de producirse a funcionarización da escala de Xefes/as de Brigada, se levase a cabo a cobertura de postos vacantes entre os efectivos que conforman ambos colectivos. Así se fixo e o agradecemos. Un paso máis nesta apertura podería ser a posibilidade do concurso entre ambas escalas, sendo dita opción sobre prazas non ocupadas como resultado de todo proceso de concurso.
O DXFP non se pecha a que exista unha negociación sobre esta cuestión, apuntando como unha das posibilidades a fusión nunha soa escala.
CCOO e CSIF se suman á proposta formulada por UGT.
Rogos e preguntas:
- Información facilitada polo Director Xeral:
- Están publicadas as eleccións de destino das escalas da OPE 2019 do SPIF, as de Finanzas A1 e A2.
- Están traballando internamente para publicar os buzóns das enxeñerías, aclarando que elixiran, en todo caso sempre a quenda de interna con prioridade á de libre, e A1 con prioridade sobre A2. Remitirán os buzóns de prazas cos criterios aplicados
- O concurso de traslados aprobados hoxe publicaranse a semana que ven co período de solicitudes dende o día 11 ao 22 de decembro.
- A Orde do expediente electrónico publicarase en canto teñan os informes correspondentes. A continuación publicarase a Resolución para a acreditación dos méritos dos procesos da Lei 20/2021, que será en todo caso despois das vacacións do nadal. A idea que teñen neste momento é ir sacando as provisionais por bloques de subgrupos. En decembro realizaranse as xornadas de formación do FIDES para o persoal que o teña que xestionar e para as OOSS, estanse preparando 3 xornadas nas semanas do 11 e do 18 de decembro.
- A preguntas realizadas, responde:
- Toma de posesión de Traballo Social: publícase o día 11, polo que tomarán posesión a partir do 12.
- Criterios dos buzóns de prazas de BBFF:
- Publicáronse, en primeiro lugar as vacantes, en segundo as das persoas interinas que aprobaron os procesos e por último todas as prazas que están en adscrición.
- Sobre as prazas da especialidade de Bombeiro/a Forestal, UGT considera que si as prazas necesarias son 114, non entendemos como as ofertadas son 214, deberase ter realizado un filtrado daquelas afectadas pola Lei 20/2021, cando menos no proceso de concurso, e daquelas cuxo ocupante ten a condición de indefinido non fixo. Consideramos que, tal e como se dixo dende un primeiro momento e para que non se produzan ceses innecesarios débese esperar á resolución de todos os procesos, incluídos os da Lei 20, para a toma de posesión e logo que cada quen ocupe a praza que lle corresponda de conformidade coa sucesión dos procesos de concurso de traslados e de ope en orde cronolóxico.
- Persoal interino ou temporal e excedencias nas tomas de posesión: continúase como se ven facendo ata este momento, e ata que non se modifique, mediante a Lei de medidas o artigo 173.3, d) da LEPG.