Sectores

Convocatoria Mesa Xeral de empregadas e empregados públicos ordinaria

Dende a Dirección Xeral de Función Pública convócannos á xuntanza de Mesa Xeral de Empregados Públicos ordinaria que terá lugar o vindeiro 17 de novembro.

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación se procede das actas correspondentes a sesións anteriores.
  2. Proposta de acordo polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia.
  3. Proposta de orde pola que se regula o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da Axencia de Calidade Alimentaria de Galicia procedente do suprimido Instituto Galego de Calidade Alimentaria.
  4. Rogos e preguntas.

Documentación achegada:

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.