Reunión do Pleno do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia do 14/11/23 no que se trataron os seguintes temas:
APROBACIÓN DA ACTA
- Apróbase por unanimidade a acta 04/2023
ESCRITOS RECIBIDOS E EMITIDOS
- 46 adscricións.
- 154 prórrogas.
- 61 Categorías.
- 1 ads. que queda sen efecto.
- 1 que se rebogou.
- Escritos emitidos sobre as residencias de maiores, sobre as cualificacións de grao de dependencia axeitado a todos os residentes dos centros.
- Escrito emitido sobre as listas do Decreto 37/2006 relativo aos procesos de estabilización que se están a levar a cabo, si puntuarán ou non nas listas de contratación, como si se sabe data para reformar dito decreto de listas.
- DOUS ESCRITOS EMITIDOS, NON SE RECIBIU NINGUNHA CONTESTACIÓN POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN
AMORTIZACIÓNS DE VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Remitíron tres amortizacións de vixiantes de recursos naturais, e decídese enviar escrito negativo.
ASUNTOS DE TRÁMITE
- Remitiron ás traballadoras e traballadores de autopsia un escrito, que se decide pospoñer para o próximo pleno do Comité, xa que se recibiu onte á última hora.
- Acórdase solicitar información á Función Pública das datas da aplicación do acordo de Política Social.