Sectores

Concurso de Traslados de Orientación e de Adultos

Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe comezamos tratando:

1. Orde pola que se convoca concurso de traslados de orientación.

Dende UGT Servizos Públicos reiteramos:

  • necesidade de actualización da rede de orientación educativa porque debe apostarse por unha mellor atención á diversidade eliminando as prazas de orientación compartida e a negociación das prazas nas Xuntas de Persoal provinciais.
  • Retirar o requisito de estar dous anos dende a toma de posesión do último destino  definitivo para a participación nos concursos específicos.

Administración: requisito de dous anos para a participación dende o último destino definitivo manterase  nesta convocatoria. Trasladarase a servizos xurídicos a posibilidade de retirar este requisito en vindeiras convocatorias.

  • Respecto ós criterios para adxudicación de postos de xefatura, parécenos inviable que un docente itinerante en máis de dous centros educativos a poida asumir. Deben adxudicarse os postos de xefatura con outros criterios.
  • Nos CPI a tipoloxía do alumnado é diferente da dos outros centros polo que pedimos que haxa dous especialistas, un para as etapas de infantil e primaria e outro para a ESO.
  • Nos CMUS non está contemplada a figura de Orientador/a. É unha mágoa que non se potencie o talento neste alumnado e haxa abandonos por falta de valoración de dificultades dos mesmos e por falta de apoio aos docentes dende un punto de visto psicopedagóxico,
  • Por último solicitamos que se reforcen os departamentos de orientación coa dotación dun orientador a maiores naqueles centros que teñan máis de dúas liñas.
  • En canto ó baremo demandamos engadir apartados específicos nos que se puntúen actividades relacionadas con atención á diversidade, publicacións específicas, formación en atención á diversidade e NEAE, impartición de cursos específicos, etc.
  • No apartado 3 pedimos que se suba a puntuación a 15 puntos porque é importante que se prime a cualificación profesional dos docentes.
  • No punto 4.3. de outras funcións docentes, entendemos que o máis xusto sería eliminar o límite de 5 puntos. O apartado 4 ten un máximo de 20 puntos e un director ou directora acadaría a puntuación máxima en 4 anos e o persoal sen cargo directivo só tería 5 puntos por traballar ó longo de toda a súa carreira.
  • O punto 6.4. está desaparecido. Será un erro. Confirman que é un erro. Engadirase.

Administración: Non contemplan cambios no baremo.

  • Por último, esta convocatoria afecta a 44 prazas das cales 19 son compartidas e 7 destas últimas con centros adscritos. Case un 50% das prazas compartidas e sumando a temporalidade dos especialistas de PT e AL e dos afín a PT e AL, só podemos sacar a conclusión de que a Administración non está apostando todo o que se debería pola atención á diversidade e  á inclusión.

Administración: Revisarán plazas e posibles erros nas mesmas.

2. Orde pola que se convoca concurso de traslados de adultos.

  • Reiteramonos nas peticións feitas no anterior concurso.
  • Solicitamos que se engada o colectivo de funcionarios en prácticas no persoal participante.
  • Pedimos que se puntúen todos os servizos prestados como docentes en ensinanzas de adultos en centros ordinarios.
  • Transmitimos a petición do profesorado do carácter anual deste concurso específico de adultos.
  • Comunicamos a falta dalgunhas vacantes como  por exemplo a  xubilación de Matemáticas na EPAPU Sta Mª de Coranza de Ferrol.

Administración:

  • Revisarán vacantes.
  • Participación de funcionarios en practicas: non consideran a participación polo carácter de prazas, que precisan maior experiencia. Pero revisarase.
  • Informan de que a convocatoria destes concursos sairá publicada ao finalizar o prazo do CXT.

3.Rogos e preguntas:

  • Pedimos novamente que se nos informe do estado de elaboración dos novos ROC para adaptar a realidade normativa, que permita uns criterios más homoxeneos de xestión e organización nos centros.
  • Instruccións unánimes para a burocracia de cara ao inicio de curso, activar comisión de seguemento do acordo.
  • Solicitamos información sobre cando se traerá á Mesa Sectorial o Plan de Igualdade da Consellería.
  • Informamos da falta de axilidade na cobertura de baixas, sobre todo en CIFPs, con falta de substitucións  dende  fai máis de dúas semanas.
  • PROENS: Os orientadores manifestan que o programa debería permitir o acceso ás programacións de distintos niveis do currículo .

Administración:

  • ROC: non depende da Dirección Xeral.
  • PROENS: depende de Dirección Xeral de Ordenación.
  • Baixas sen cubrir: algunhas listas están esgotadas.
  • Prazas de atención preferente: os rumores de desaparición destas son infundados.
  • Permiso parental: Depende de Función Pública.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.