Curso: Como introducir ó alumnado no uso seguro, responsable e crítico de Canva

Dende UGT Servizos Públicos convocamos a actividade formativa:

COMO INTRODUCIR Ó ALUMNADO NO USO SEGURO, RESPONSABLE E CRÍTICO DA FERRAMENTA DIXITAL CANVA

  • Curso GRATUÍTO.
  • Modalidade: TELEFORMACIÓN.
  • Nº de horas: 30 horas.
  • Datas de impartición: 06/11/2023 – 27/11/2023

OBXECTIVOS PREVISTOS:

  • Utilizar as tecnoloxías dixitais para mellorar a inclusión, a personalización e a participación activa do alumnado.
  • Capacitar o alumnado para utilizar de forma creativa e responsable as tecnoloxíasdixitais para a información, a comunicación, a creación de contidos, o benestar e a resolución de problemas.
  • Coñecer e traballar determinados indicadores do MRCDD do nivel B1 mediante o uso da aplicación Canva.

CONTIDOS:

  • TEMA 1. Introdución. Como introducir ao alumnado no uso seguro, responsable e crítico da ferramenta dixital canva.
  • TEMA 2. Capacitación do alumnado (ÁREA 5 NIVEL B1)
  • TEMA 3. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado (ÁREA 6 NIVEL B1)

O presente curso atópase enmarcado na formación en CDD, nivel B1 áreas 5 e 6, dos/as docentes participantes.

METODOLOXÍA:

Haberá unha combinación de aspectos teóricos e prácticos. Utilizaranse os seguintes mecanismos de actuación:

  • Explicación teórica a través de contido teórico descargable e contido interactivo.
  • Realización de diferentes exercicios de forma individual

INSCRÍBETE AQUÍ

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.