Sectores

Comisión de persoal. Orzamentos e Mesa Xeral. Lei de Medidas 2024

RESUMO DE ALEGACIÓNS DE UGT NA MESA XERAL E NA COMISIÓN:

Como cuestión previa deixar constancia de que a Administración un ano máis achega a documentación con falta de tempo para o seu análise, e solicitamos:

  • Completar a derrogación da lei 1/2012, por considerala extemporánea, logo de 10 anos en vigor (era unha media urxente e provisional). Ademais, esta petición ten soporte normativo desde a entrada en vigor da Lei 31/2022,  de 23 de decembro de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2023, que na súa Disposición Final Vixésimo Primeira establece a modificación de determinados artigos e disposicións do RD  Lei 20/2012.
  • Homologar a xornada máxima semanal a 35 horas, coas restantes administracións autonómicas, estatal, e mesmo de Organismos  da propia Xunta de Galicia. Aberta a negociación colectiva a implantación a xornada semanal de 35 horas; e isto, trala modificación introducida na disposición final vixésima da Lei 31/2022 de Orzamentos Xerais do Estado para 2023 que modifica o apartado 2 da disposición adicional 144 da Lei 6/2018, de Orzamentos Xerais do Estado para 2018). Galicia é unha das dúas CCAA que non recoñece a xornada de 35hs.
  • Acabar coa a discriminación que supón para o persoal funcionario o recorte que se mantén nas pagas extra.
  • Un acordo plurianual para ir recuperando as restantes axudas do FAS, que seguen suspendidas.
  • Desenvolvemento da carreira ordinaria para persoal funcionario e laboral.
  • A actualización das indemnizacións por Km a 0.26 e as axudas de custo.
  • Desenvolver un novo modelo de promoción interna  e a promoción interna temporal.
  • Recoñecemento dos trienios perfeccionados como persoal temporal, unha vez adquirida a condición de persoal funcionario por procesos ordinarios de oposición, tal e como así se recoñeceu en Mesa Xeral no mes de febreiro deste ano a pregunta desta organización.
  • Incremento de traballo do persoal Fixo-Descontinuo de 6 a 12 meses.
  • Desenvolver normativamente o grupo B.
  • Novo decreto de listas.
  • Concurso de traslados aberto e permanente.
  • Modificar tipificación de faltas disciplinarias por violencias ou acoso no traballo.
  • Solicitamos se adiara ata maior estudo a supresión do artigo 173 . 3 da LEPG de excedencia cando se solicita para desempeño de postos de carácter temporal ou interino.
  • Solicitamos se adiara a inclusión en OPE das prazas que se estimen quedaran vacantes nos seguintes dous anos das que se convocan no ano natural por taxa de reposición .
  • Incluír o permiso parental de 8 semanas recollido na modificación do TREBEP en aplicación do RDL 5/2023.
  • Reiteramos alegacións feitas no ano 2023 sobre modificacións de funcións de certas escalas, de denominación como TCAE, de creación de escalas de inclusión…

MESA XERAL: ANTEPROXECTO DOS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA O ANO 2024: MATERIA DE PERSOAL CAPÍTULO I.

A Directora Xeral de Orzamentos, expón o contido do anteproxecto cifrando en 4.867,6 millóns de euros a partida orzamentaria do Capítulo I, o que supón un 6% máis que en 2023 (274,15 millóns). As principais magnitudes son:

  • Incremento do 0,5% vinculado ao IPC, a percibir con carácter retroactivo do 01/01/2023.
  • Incremento fixo do 2% previsto polo Estado e que se habilitará cando así o faga o Goberno estatal.
  • Nos primeiros meses de 2024 o incremento derivado do PIB nominal que supón o 0,5% si este supera o 6% e que se fará efectivo en canto se coñeza o dato.
  • Incremento ligado ao IPC en función da variación dos anos 22-23-24, que se coñecerá en 2025.
  • Incrementos en retribucións complementarias derivados da carreira profesional en Administración Xeral, SERGAS e Xustiza.
  • Melloras derivadas dos acordos sectoriais acadados nos ámbitos de SERGAS, Ensino e Política Social.
  • Creación de 3 unidades xudiciais de 1ª instancia en A Coruña, Lugo e Pontevedra.
  • Incremento de prazas MIR (88), novas prazas de saúde mental (17).

Ante a exposición das OOSS o DX da Función Pública responde:

  • Sobre o persoal F-D están traballando sobre a posibilidade de incluír na Lei de medidas algunha disposición ao respecto da posibilidade de permitir a compatibilidade nos períodos de non contratación. Non quixo avanzar máis sobre esta cuestión porque actualmente o teñen en estudo.
  • Sobre a eliminación da taxa de reposición e as peticións realizadas sobre as pagas extraordinarias do persoal funcionario, igual que cando falamos da xubilación parcial, responde que non é competencia da Comunidade Autónoma, se non do Goberno do Estado.
  • Sobre a inclusión do permiso de 8 semanas, regulado non RD Lei  5/2023 di que é directamente aplicable como non retribuído, e así se desenvolverá.
  • Ao respecto do FAS comenta que si é certo que se puido ter avanzado nesta cuestión, pero que a decisión foi optar por ir acordando incrementos que se plasmaron en acordos de condicións de traballo, varios dos que se asinaron este ano.
  • Sobre o recoñecemento da xornada de 35 horas, comenta que non hai cambios na posición da administración e que co cómputo medio da xornada de verán, xa se fai menos.
  • Se modificará o Decreto de listas
  • Se revisará que falta por substituírse con nova regulación das suspensións da Lei 1/2012

COMISIÓN DE PERSOAL: ANTEPROXECTO DA LEI DE MEDIDAS, MATERIAS DE PERSOAL PARA O ANO 2024

O Director Xeral da Función Pública expón as modificacións realizadas dende a reunión anterior, antes de ser sometida a votación:

  • Disposición adicional decimo oitava. Prazas adicionais nas convocatorias de procesos selectivos:

Engaden que: no caso que as convocatorias contemplen unha quenda de promoción interna de acordo co previsto na correspondente oferta de emprego público, terá prioridade para elección de destino a dita quenda, acumulándose as prazas non cubertas ás de acceso libre.

  • Na disposición adicional sobre listas de contratación de perfís sanitarios, actualizan as denominacións ás correspondentes ao persoal funcionario e colócase de última opción, para a súa cobertura, acudir ao Servizo Público de Emprego.

Sen máis novidades no momento da votación e anunciando que pode introducirse algunha cuestión máis no tramite parlamentario pola vía de emendas.

UGT: en contra.      CIG: en contra.         CCOO: en contra.     CSIF: en contra.

Sentido do voto de UGT:

Atendendo a que as alegacións realizadas, na súa inmensa maioría non son tidas en consideración, procede o voto en contra desta organización.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.