Na Mesa Sectorial de Ensino de hoxe comezamos tratando o Proxecto de acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais de persoal funcionario e laboral docentes.
UGT-SP manifesta a súa preocupación pola pouca seriedade da Administración presentándonos un documento deste calibre con nada de tempo para poder consultar aos traballadores e traballadoras do ensino. A Administración responde que xa que se trouxeron valoracións á mesa o que significa que foi tempo suficiente para un estudo inicial do documento e abre a posibilidade dunha negociación.
En canto ao contido do documento, parécenos un disparate. Comezando polo principio a proposta de redución de rateos parécenos ridícula, non se pode presentar un calendario progresivo que abarque 9 anos e que non teña en conta todas as etapas educativas. Que pasa co alumnado da ESO, de Bacharelato e FP? Vendo esta proposta entendemos que a redución do rateo para estas etapa sería a continuación do calendario presentado. Isto significa que case todos os docentes quedarán sen ver esta aplicación de calendario finalizada. Teríamos que esperar cerca de 20 anos para velo rematado. Desde UGT pedimos que o calendario se aplique ao inicio de cada etapa a partir do vindeiro curso.
Como xa vimos defendendo dende fai anos, a redución de rateos é unha ferramenta vinculada coa calidade do ensino polo que pensamos que é unha medida urxente a tomar. Educación infantil debería ter unha rateo de 15, sobre todo en 4º de EI ou un profesor a maiores de apoio.
Ademais insistimos en que esta redución de rateo non implica un gasto considerable para a Administración. Como xa viñemos dicindo por medio das campañas que lanzamos, a baixa natalidade destes últimos anos fai que o cambio sexa case automático, sen esforzo por parte da Consellería. Menos nenos e nenas nas aulas + non supresión de unidades = redución de rateos a custo cero!.
Dentro do rateo entendemos que deben terse en conta o alumnado con necesidades educativas específicas. Galicia presume de centros educativos inclusivos pero a inclusión ten un precio, polo que este alumnado necesita unha maior atención e dedicación. Necesita máis profesorado ou máis tempo para o titor, que se traduciría con menos alumnado por aula.
En moitos centros estase aplicando a norma de que os repetidores non entran no cupo da rateo nas aulas, debería aclarase que iso non é así para non atoparse con aulas masivas.
A Consellería informa que a proposta presentada hoxe garantiza o mantemento de postos de traballo así como a posibilidade de creación de novos postos.
No punto 3, estamos dacordo co incremento do complemento específico por formación pero non entendemos que se nos presente unha cantidade tan pequena en tres anos, pedimos que esa cantidade total sexa acumulada para o vindeiro curso. Esta medida ten que servir para situar a nosa Comunidade na media estatal e de ningún xeito baixar do 6º lugar como o acordamos e asinamos coa Consellería.
O Subdirector Xeral comunica que con tal incremento estamos garantizando unha posición medio-alta a nivel de todo o Estado.
Igualmente para o seguinte punto, visto o aumento das responsabilidades dos membros dos equipos directivos dos centros educativos, é imprescindible que se lles valore o seu traballo cun incremento económico. Non obstante, entendemos que a valoración é insuficiente e cunha aplicación temporal demasiado extensa. Ademais pedimos que as xefaturas de estudos sexan mellor valoradas xa que é un posto que conleva unhas tarefas de moito peso e conflictivas.
Pensamos que toda responsabilidade merece unha valoración económica, non só os grupos que aquí se mencionan, asesores e dirección CAFI, asesores técnicos, membros do EOE… senón tamén para os coordinadores de EACE, biblioteca… así como para os substitutos que exercen as funcións e non cobran por iso e os titores.
O punto 5º é demasiado ambiguo, non concreta nada e queremos saber o que implica cada subapartado. Botamos en falta aspectos importantes como a recuperación das licenzas por formación non retribuídas ou o “ano sabático”.
UGT reclama o gran olvidado desta historia… a redución de carga horaria do profesorado. Levamos dende o ano 2013 pedindo a recuperación das 18 e 21 horas lectivas, que é un dereito que se nos quitou temporalmente e que agora se nos nega. O profesorado necesita tempo para as súas labores de preparación, coordinación, burocracia… para poder ofrecer un ensino de calidade.
Con carácter global, infórmasenos que teñen recollidas todas as nosas aportacións e que as estudarán para traer á mesa do próximo mércores día 4.
Seguindo o segundo punto da Orde do día, a Orde pola que se convoca Concurso Xeral de Traslados entre persoal funcionario docente.
UGT demanda:
1. Que se coñezan as vacantes provisionais no prazo de presentación de instancias e que en todo caso, as vacantes definitivas estean publicadas no prazo de renuncias e que cada participante poida decidir se renuncia ou non ó concurso, sabendo a totalidade das vacantes que son de cobertura.
Dinnos que se ven facendo así dende hai anos pero que despois das renuncias pode haber algunha resolución de reclamación de vacantes que crea novas prazas.
2. Seguimos insistindo en que se poidan actualizar os datos persoais e incluir os méritos non só na apertura do concurso senón en calquera momento do ano como recolle a Orde do 2 de xuño de 2021.
3. Que na base décima primeira punto 3 se advirta que o persoal do corpo de mestres que está a impartir clases en 1º e 2º da ESO cobrando o complemento retributivo, está a perder tal complemento cando obtén praza derivada do concurso mesmo que sexa para atender a esta mesma etapa noutro centro. Aínda que este sindicato si que tratou casos neste sentido, sabemos que xa queda moi pouca xente nesta situación pero non por eso teñen que olvidarse.
4. Escolas de capataces forestales, escolas náuticas-pesqueiras, os docentes de educación que están traballando nestas escolas non teñen recoñecidos a nivel de baremo os cargos desempeñados (titorías,…) Entendemos que é de recibo recoñecerllos para evitar agravios comparativos con compañeiros que exerzan as súas funcións noutros centros.
5. Do mesmo xeito, pedimos que se oferten vacantes para mestres que imparten na ESO.
6. Novamente solicitamos a creación dun catálogo para os centros de Secundaria que axude á organización dos mesmos e á estabilidade dos cadros de persoal docente.
7. Esta organización quere solicitar que se dea a posibilidade de concursar anualmente ao profesorado que se lle adxudicou unha praza de oficio no CXT. Cando a petición é voluntaria, non temos nada que obxectar pero, cando a adxudicación é de oficio sería unha boa opción deixar concursar ó ano seguinte da adxudicación de oficio a este colectivo por se tiveran a posibilidade de achegarse.
8. Pedimos que se convoquen canto antes os concursos xerais de adultos e de orientación.
A Consellería informa que o de orientación se convoca todos os anos e que o de adultos están traballando nel.
9. En relación ó BAREMO solicitamos que:
a. No apartado 3 subir a 15 puntos a puntuación global de xeito que se prime a cualificación profesional dos docentes e deixar que se puntúen no 3.1 varias titulacións da mesma categoría, ó igual que se fai cos idiomas.
b. Se puntúen no 3.3 todas as titulacións que acreditan para impartir un idioma nas seccións bilingües e non soamente os títulos da EOI. (Orde 20/11/2019)
c. No apartado 4.1 ou 4.2 que se puntúen a responsabilidade dos centros de tres unidades; senón análogo á dirección polo menos no mesmo punto que ó secretario, xefe de estudos…
d. No apartado 4.3: que se elimine o límite máximo de 5 puntos para outras funcións docentes. O punto 4 ten un límite de 20 puntos que se acadaría con 4 anos de dirección mentres que o traballo desenvolto ó longo de toda unha carreira profesional fóra do equipo directivo só puntuaría ata cinco puntos do total de vinte.
e. Que se recoñeza a labor dos docentes nos centros de menos de 5 unidades as dinamizacións de EDNL e Biblioteca ó igual que se puntúan as de extraescolares e ciclo. Son traballos que levan moito tempo e existe profesorado moi implicado que non se está vendo gratificado pola súa labor.
A modificación máis importante deste documento é o relacionado co profesorado de PTFP. En relación a isto comunícasenos a necesidade de presentar dúas solicitues a todos aqueles que teñan especialidades polas 19 especialidades de PES ou polas 10 especialidades de profesorado especialista en sectores singulares.
VARIOS
- Pedimos que se cumplan os acordos firmados pola nosa organización. O cobro dos meses de verán para os interinos e substitutos que leven traballados alomenos cinco meses e medio, e o cumplimento de acordo de agrupamentos.
- Trasmitimos a preocupación dun colectivo de mestres que demandan a recuperación da figura do segundo orientador nos centros con moito alumnado e que se volvan a convocar as prazas de atención preferente.
A Consellería responde que este ano si se convocará as prazas de atención preferente.
- Pedimos que se desenvolva canto antes o RD-lei 5/2023 para a súa implantación.
- Despois de dous anos seguimos sen resposta de cando se prevé a negociación dos novos ROC. Para que isto non pase pedimos que a directora xeral de innovación educativa tamén esté presente nas mesas sectoriales para respostarnos a estas cuestións.
A Administración informa de que o profesorado técnico de FP que aínda non percibiu o complemento salarial, o recibirá ao longo deste mes.